Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

festival de cinema en Bueu

O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) é un festival que se celebra no Centro Social do Mar de Bueu no mes de setembro.

Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Sala de proxección do FICBUEU (2021)
Tipofestival de cinema
Data de fundación2008
SedeBueu
PaísGalicia
Na rede
https://www.ficbueu.com
editar datos en Wikidata ]

Percorrido editar

O festival naceu en 2008 coa intención de crear un novo portal para a difusión de curtametraxes, así como un lugar de encontro para afeccionados á sétima arte. A súa filosofía é aumentar a promoción das curtametraxes por mor da escasa difusión pública que estas teñen. Malia que a produción galega e nacional ten unha presenza importante, préstaselle unha especial atención á produción europea, latinoamericana e mundial, tratando de potenciar a diversidade cultural do festival. É por isto que no se establece ningún tipo de restrición en canto a xénero, duración ou idioma, aínda que se adoita premiar á orixinalidade e á procura de novas fórmulas de expresión á hora de confeccionar a programación do festival. De 2008 a 2010 foi organizado principalmente pola produtora Melodía visual coa colaboración do concello de Bueu, Fundación Novas e outros patrocinadores (en 2010 recibiu patrocinio especial da Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2010). No 2011 a organización principal pasou a ser o propio concello de Bueu, mentres que Melodía visual pasa a ser produtora.

Dende 2016 a organización do festival está en mans da Asociación Cinematográfica de Galicia FICBUEU.

Polo FICBUEU teñen pasado curtas dirixidas ou interpretadas por artistas coñecidos do panorama nacional como Javier Veiga, Manuela Vellés, Leticia Dolera, Ciro Altabás, Miguel Ángel Jenner, Pilar Bardem, Carolina Bang, Alex O’Dogherty ou Nacho Vigalondo.

Palmarés editar

2011 editar

  • Primeiro premio: Silent River, de Anca Miruna Lazarescu (Alemaña/Romanía)
  • Segundo premio: Esterhazy, de Izabela Pluscinska (Polonia)
  • Mellor curta galega: De qué se ríen las hienas, de Javier Veiga
  • Premio do público: Dúas letras, de Eloy Varela
  • Mellor dirección: Anca Miruna Lazarescu por Silent River
  • Mellor guión: Izabela Pluscinska e Anna Jadowska por Esterhazy
  • Mellor actriz: Valentina Cottet por Nena
  • Mellor actor: ex aequo Cuzin Toma e Andi Vasluianu por Silent River
  • Mellor fotografía: Sofian El Fani por Garagouz
  • Mellor dirección artística: Agata Rojek (‘Esterhazy
  • Mellor montaxe: Dan Olteanu por Silent River
  • Mellor música: Antonio Remache por Tres razones
  • Mellor son: Thorsten Bolzé e Attila Makai por Silent River
  • Mellor vestiario: Chouchane Abello por Le Piano
  • Mellor maquillaxe/peiteado: Ester Mann e Ani Hamel por Le Piano

2010 editar

  • Primeiro premio: Pablo, de Nely Reguera
  • Segundo premio: Cannon beach, de Manuel Calvo
  • Premio do público: La historia de siempre, de José Luis Montesinos
  • Mellor curta galega: O soldadiño de Chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde.
  • Mellor dirección: Kristof Hoornaert por Kaïn
  • Mellor actriz: Laura de la Uz por Los minutos, las horas
  • Mellor actor: Pablo Derqui por Pablo
  • Mellor guión: Nely Reguera por Pablo
  • Mellor fotografía: Chaiyapreuk Chalermpornpanich por Tapien Rim Klong
  • Mellor montaxe: Vladimir Andonov por Stanka se pribira vkashti
  • Mellor son: Daniela Bassani e Stefano Grosso por Rita
  • Mellor música: Oliver Kracht por Weightless
  • Mellor dirección artística: Íñigo Navarro por Yanindara
  • Mellor vestiario: Julia Buckmiller e Bárbara Kloos por Weightless
  • Mellor maquillaxe e peiteado: David Ambit e Eva Fontenla por Lo Siento, te quiero

2009 editar

  • Primeiro premio: Homeland, de Juan de Dios Marfil Atienza
  • Segundo premio: El tiempo prestado, de David González Rudiez
  • Premio do público: Manual práctico del amigo imaginario, de Ciro Altabás Fernández
  • Mención especial do xurado: Love, de Biel Mauri Pou
  • Premio á mellor curta galega: Por la mañana, de Toño Chouza
  • Mellor guión: Sergio Barrejón e Nacho Vigalondo por El encargado
  • Mellor dirección: David González por El tiempo prestado
  • Mellor elenco: Bruno Bergonzini, Jordi Gràcia, Clara Segura e Alena Villaronga por Love
  • Mellor fotografía: Jordi Hernández por Love
  • Mellor dirección artística: Ángel Boyano e Nino Morante por El mal de Schneider
  • Mellor vestiario: Ariadna Paniagua por El mal de Schneider
  • Mellor maquillaxe /barbaría: Isabel Auernheimer e Mayte González por El mal de Schneider
  • Mellor son: Antonio Bejerano, Jonathan Darch e Jordi Juncadella por Reacción
  • Mellor montaxe: Isaac Berrokal por Today is Sunday
  • Mellor música: Juan de Dios Marfil por Homeland

2008 editar

  • Mellor curtametraxe: Save the world, de David Casals-Roma
  • Premio especial do xurado: El ataque de los robots de Nebulosa-5, de Chema García
  • Premio do público: Niños que nunca existieron, de David Valero
  • Mellor curtametraxe galega: Leo, de Fernando Cortizo
  • Mellor dirección: David Casals-Roma por Save the World
  • Mellor guión: Luis Alejandro Berdejo por For(r)est in the des(s)ert
  • Mellor actriz: Myriam Espinoza por Elena
  • Mellor actor: Dani Castellá por Jingle Bells
  • Mellor fotografía: Enrique Vasalo por Niños que nunca existieron
  • Mellor dirección artística: Miguel López e Elena Nájar por Villa Olvidada
  • Mellor vestiario: Jesús Lesta por Cores
  • Mellor maquillaxe / barbaría: Tamara Puertas e Silvia Carrasco por Jingle Bells
  • Mellor son: Jose Luis Vázquez por Niños que nunca existieron
  • Mellor montaxe: Michael Shark e Toby Robertson por Save the World
  • Mellor música: Jorge Alberto Sánchez por Empty Spaces

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar