Premio Cultura Galega das Artes Plásticas
O Premio Cultura Galega das Artes Plásticas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no "desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer e ampliar a creación plástica galega e a súa imaxe pública"[1]. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza do anterior, concedido a Francisco Leiro, este premio non ten dotación económica.
Premiados
editar- 2010 - Menchu Lamas
- 2011 - Manolo Paz
- 2012 - Manuel Quintana Martelo[3]
- 2013 - Fundación Granell[4].
- 2014 - Galería Trinta[5]
- 2015 - Miguelanxo Prado
- 2016 - Miguel Fernández-Cid
- 2017 - Berta Álvarez Cáccamo
- 2018 - Luz Darriba[6]
- 2019 - Soledad Penalta
- 2020 - Xurxo Lobato
- 2021 - Antón Pulido[7]
- 2022 - María Victoria Carballo-Calero[8]
Notas
editar- ↑ Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.
- ↑ A Xunta crea os Premios da Cultura Galega Arquivado 24 de novembro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 5/10/2010.
- ↑ "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012 outorga sete galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013.
- ↑ "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2013.
- ↑ Premios da Cultura Galega 2014
- ↑ "Premios da Cultura Galega 2018". cultura.gal. Consultado o 16/12/2018.
- ↑ Galicia, Xunta de (2021-11-02). "Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-03.
- ↑ "Gayoso, Marica Campo e Xacarandaina, premios da Cultura Galega 2022". La Voz de Galicia. 2022-10-04. Consultado o 2022-10-04.