Premio Nacional de Artes visuais

premio de ámbito galego

O Premio Nacional de Artes visuais foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Os premios concedeuse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da pintura, a escultura e as artes visuais en xeral, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio.

Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega das Artes Plásticas, se ben referíase a obras físicas e virtuais.

Premiados editar