Alberto Avendaño

xornalista e escritor galego

Alberto Avendaño Prieto, nado en Vigo o 30 de xullo de 1957, é un xornalista e escritor galego.

Alberto Avendaño
Nacemento30 de xullo de 1957
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióntradutor, xornalista e escritor
CónxuxeZunilda Garro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xunto con Manuel M. Romón e Antón Reixa fundou o Grupo Rompente (1976-1982).[1] Estudou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Traballou como profesor de inglés, como tradutor, actor e director de dobraxe para televisión. Viviu en Barcelona, Londres, Dublín, e Milán, desde onde colaborou para a prensa galega. Recibiu dous premios, o Barco de Vapor de narrativa infantil e xuvenil, e un premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.

Traballou para a Radio e Televisión de Galicia conducindo e dirixindo programas informativos e magazines como o informativo matinal da Radio Galega nos anos 1980 e Crocante en 1990. Como xornalista entrevistou a importantes figuras da política e da cultura: Rafael Alberti, Severo Ochoa, Fidel Castro... a mandatarios latinoamericanos e a estrelas da canción. En decembro de 1991 trasladouse a vivir a Texas, onde se licenciou Magna cum laude en Xornalismo pola Texas Tech University. En 1998 chegou a Bethesda, Maryland, nas aforas de Washington, D.C.. Foi lector de Lingua e Literatura española na Johns Hopkins University en Baltimore, ata o ano 2000. A finais dese ano foi director do semanario El Tiempo Latino.

En 2001 estableceu unha alianza co diario The Washington Post e o 17 de maio de 2004 a compañía do Post comprou a publicación nomeando a Avendaño director xeral de El Tiempo Latino.[3] Avendaño e a publicación que dirixe ten recibido numerosos premios nacionais de xornalismo en español nos Estados Unidos de América. Polo seu traballo en prensa escrita nos Estados Unidos, Avendaño recibiu seis Premios José Martí que concede a National Association of Hispanic Publications (NAHP). Entre 2016 e 2019, tres traballos de xornalismo televisivo producidos por Avendaño recibiron o Premio Emmy™ da Academia da Televisión dos Estados Unidos.[4] [5]

Tamén foi director d Washington Bureau e Correspondente ante a Casa Branca para a Asociación Nacional de Prensa Hispana (NAHP).[2]

Académico correspondente da Academia Norteamericana de la Lengua Española (ANLE). [6] É membro fundador do Thomas J. Harris Institute for Hispanic and International Communication en Texas Tech University.[7]

Ademais de tradutor de Roald Dahl, Edgar Allan Poe e John Millington Synge, entre outros, Avendaño é autor de dous manuais sobre medios de comunicación e é un habitual colaborador dalgúns medios electrónicos en español e inglés nos Estados Unidos.

ObraEditar

PoesíaEditar

NarrativaEditar

TeatroEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

TraduciónsEditar

Obras colectivasEditar

Poesía en castelánEditar

  • El Amor de tu Nombre -Poemas de dios, de diosas y de adioses (2016). Ed. Independente. 126 páxs. ISBN 978-1520738192.

Ensaio en castelánEditar

PremiosEditar

  • 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1978, por O Lito e máis as bestas aceleradas.
  • Premio Barco de Vapor en 1986, por Aventuras de Sol.
  • Premio Barco de Vapor en 1993, por Os náufragos de Malakadula.
  • Premio Internacional de Tradución IBBY.
  • International Latino Book Award (Los Angeles, 2016), por El Amor de tu Nombre
  • 6 Premios José Martí de la National Association of Hispanic Publications.
  • 3 Premios Emmy (2016-2019)
  • Premiado cun Grammy por un documental sobre Tim Kaine, o primeiro político en falar español no senado estadounidense.[13]

NotasEditar

  1. "Alberto Avendaño". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-09-16. 
  2. 2,0 2,1 "Alberto Avendaño, corresponsal ante la Casa Blanca para la Asociación Nacional de Prensa Hispana, hablará sobre la transparencia en los medios de comunicación en la nueva realidad estadounidense". Cibecom 2017 (en castelán). 2016-11-23. Consultado o 2020-09-16. 
  3. "El Director de “El Tiempo Latino”, Alberto Avendaño, y el Presidente de The Hispanic Council, Daniel Ureña, en “Capital Radio” – The Hispanic Council" (en castelán). Consultado o 2020-09-16. 
  4. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-09-16. 
  5. "Este es el periodista vigués que acaba de ganar un premio Emmy". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-09-16. 
  6. "Académicos correspondientes". www.anle.us. Consultado o 2020-09-16. 
  7. "Alberto Avendaño Palabra Libre - Editorial" (en inglés). Consultado o 2020-09-16. 
  8. "Texas". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-09-16. 
  9. "E outras historias". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-09-16. 
  10. "Aventuras de Sol". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-27. 
  11. "O gato metido nun saco". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-09-16. 
  12. "Ficha do libro Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2020-09-16. 
  13. "Alberto Avendaño, premiado cun Grammy por un documental sobre Tim Kaine CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-09-16. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar