John Millington Synge
John Millington Synge, nado en Rathfarnham o 16 de abril de 1871 e finado en Dublín o 24 de marzo de 1909, foi un dramaturgo, poeta, prosista e recompilador de folclore irlandés. É unha figura clave no renacemento literario irlandés e un dos fundadores do Abbey Theatre. É coñecido sobre todo pola súa obra The Playboy of the Western World, que causou disturbios en Dublín durante a súa estrea no Abbey Theatre.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1871 ![]() Rathfarnham (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) ![]() |
Morte | 24 de marzo de 1909 ![]() Dublín (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) ![]() |
Causa da morte | Linfoma ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Mount Jerome ![]() |
Grupo étnico | Pobo irlandés ![]() |
Educación | Universidade de París Royal Irish Academy of Music (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, libretista, escritor, poeta, prosista ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | John Hatch Synge ![]() ![]() |
Irmáns | Annie Isabella Synge ![]() |
Parentes | John Lighton Synge, sobriño ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Синг Джон Миллингтон) Dictionary of National Biography, second supplement Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aínda que proviña dun ambiente de clase media protestante, os escritos de Synge refírense principalmente ao mundo dos campesiños católicos da Irlanda rural e co que el consideraba o paganismo esencial do seu punto de vista sobre o mundo.
Synge padeceu a enfermidade de Hodgkin, unha forma de cancro daquela intratable. Faleceu poucas semanas antes do seu 38.º aniversario.
Legado
editarAs obras de Synge axudaron a establecer o estilo do Abbey durante as seguintes catro décadas. O estilizado realismo da súa escritura reflectíase no sistema de interpretación ensinado na escola do teatro, e as obras sobre a vida campesiña foron o principal ingrediente do repertorio ata finais da década de 1950. Sean O'Casey, o seguinte dramaturgo principal que escribiu para o Abbey, coñecía ben a obra de Synge e intentou facer coas clases traballadoras dublinesas o que o seu predecesor fixera cos pobres das zonas rurais.
A crítica Vivian Mercier atopouse entre os primeiros que recoñeceron a débeda de Samuel Beckett con Synge. Beckett era un membro regular do público que acudía ao Abbey na súa mocidade e admirou en particular as obras de Yeats, Synge e O'Casey. Mercier sinala paralelismos entre as figuras de Synge de vagabundos, mendigos e campesiños, e moitas das personaxes das novelas e obras dramáticas de Beckett.
A casa de Synge nas illas Árann foi restaurada para convertela en atracción turística. Cada verán dende 1991 celébrase anualmente no lugar de Rathdrum (Wicklow), unha "Escola de Verán Synge".
Obra
editar- In the Shadow of the Glen, 1903
- Riders to the Sea, 1904. Adaptada ao galego como Xinetes para o mar por Antón Villar Ponte.[1][2]
- The Well of the Saints, 1905
- The Aran Islands, 1907
- The Playboy of the Western World, 1907. Adaptada ao galego como O mozo que chegou de lonxe (A cantiga de Cristobo Alveiros) por Alberto Avendaño.[3][4]
- O casamento do latoeiro (The Tinker's Wedding), 1908. Traducida ao galego por Ramón de Valenzuela.[5]
- Poems and Translations, 1909
- Deirdre of the Sorrows 1910
- In Wicklow and West Kerry, 1912
- Collected Works of John Millington Synge 4 volumes, 1962–1968
- Volume 1 Poems, 1962
- Volume 2 Prose, 1966
- Volumes 3 e 4 Plays, 1968
Notas
editar- ↑ "Centro Dramático Galego". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2018. Consultado o 03 de abril de 2018.
- ↑ Unha tradución galega inconclusa da peza "Riders to the Sea" do escritor irlandés John M. Synge
- ↑ O mozo que chegou de lonxe
- ↑ "Biblioteca Nacional de España". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 03 de abril de 2018.
- ↑ Ha muerto el escritor gallego Ramón de Valenzuela
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Millington Synge |
Bibliografía
editar- Greene, David H. & Stephens, Edward M. "J.M. Synge 1871-1909" (The MacMillan Company, Nova York 1959)
- Igoe, Vivien. A Literary Guide to Dublin. (Methuen, 1994) ISBN 0-413-69120-9
- Kiely, David M. John Millington Synge: A Biography (Nova York, St. Martin's Press, 1994) ISBN 0-312-13526-2
- McCormack, W. J. Fool of the Family: A Life of J. M. Synge (New York University Press, 2001) ISBN 0-8147-5652-2
- Mercier, Vivian, Beckett/Beckett (OUP 1977) ISBN 0-19-281269-6
- Ryan, Philip B. The Lost Theatres of Dublin. (The Badger Press, 1998) ISBN 0-9526076-1-1
- Synge, J.M.. The Complete Plays. 1st. Nova York: Vintage Books, 1935.
- Synge, J.M.; "The Aran Islands" editada cunha introdución de Tim Robinson (Penguin 1992) ISBN 0-14-018432-5