Charlie e a fábrica de chocolate

libro de Roald Dahl

Charlie e a fábrica de chocolate é unha novela infantil en lingua inglesa do escritor galés Roald Dahl, publicada en 1964 co título de Charlie and the Chocolate Factory.

Charlie e a fábrica de chocolate
Título orixinalCharlie and the Chocolate Factory
Autor/aRoald Dahl
Ilustrador/aMichael Foreman
CubertaXosé Guillermo
OrixeGales
Linguainglés
ColecciónGaivota (nº 4)
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialEdicións do Cumio
Data de pub.1964
FormatoTapa branda
Páxinas166
ISBNISBN 84-87126-04-9
Seguido porCharlie e o grande ascensor de cristal
TraduciónAlberto Avendaño
editar datos en Wikidata ]

O libro, un clásico da literatura infantil do século XX, é coñecido pola súa linguaxe fácil e espontánea, así como polas súas detalladas descricións, características do estilo de Roahl Dahl. En 1972 saíu publicada a súa secuela, Charlie e o grande ascensor de cristal (Charlie and the Great Glass Elevator).

A historia xa mereceu dúas adaptacións para o cinema, Willy Wonka & the Chocolate Factory de Mel Stuart, con Gene Wilder, en 1971 e Charlie and the Chocolate Factory de Tim Burton, con Johnny Depp, en 2005.

Sinopse editar

O enredo do libro é sobre o neno chamado Charlie Bucket, que vive na pobreza, nunha casa cun único cuarto, cos seus pais e catro avós. Charlie é un rapaciño xentil, meigo e tamén responsábel. Con todo, o que Charlie máis ama na vida é o chocolate. Mais, a causa da pobreza da familia, só recibe unha barra por ano, no día do seu aniversario.

Preto da casa de Charlie está localizada a maior fábrica de chocolate do mundo, de propiedade do Sr. Willy Wonka, o maior e máis inventivo produtor de chocolate, que produce todos os tipos de deliciosas lambetadas, incluíndo algunhas que parecen imposíbeis de existir, como un sorbete que nunca derrete e unha goma de mascar que nunca perde o seu sabor. Por culpa da espionaxe industrial, que case levou a fábrica do Sr. Wonka a quebra, este pechou a súa fábrica para o público e agora produce soamente con misteriosos empregados, que viven alá dentro.

Wonka, nun movemento sorprendente, decide abrir a súa fábrica para a visita pública, iniciando unha lotería. Cinco barras de chocolate Wonka esconden cinco “Billetes Dourados”, que darán a quen os encontre a admisión para el e dous membros máis da súa familia, coma acompañantes, a unha visita guiada polo propio Wonka á súa fabulosa fábrica.

Como por milagre, Charlie consegue encontrar un dos “Billetes Dourados” e así el e mailo seu avó Joe entran na fábrica do Sr. Willy Wonka, onde encontran moitas creacións marabillosas do Sr. Wonka – incluíndo algúns prototipos que causan efectos colaterais de levantar os cabelos. Os outros vencedores dos “Billetes Dourados” compórtanse mal un por un, terminan en situacións estrañas, case fatais, que requiren o seu afastamento da visita guiada. Charlie pórtase tan ben que ao final é recompensado.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar