Anxo Carbajal
Actor galego
Anxo Carbajal, nado en Ourense en 1965, é un actor galego.
Anxo Carbajal | |
---|---|
Nacemento | 1965 |
Lugar | Ourense |
Nacionalidade | España |
Profesión | actor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Comezou no mundo da interpretación no teatro, concretamente en 1981 na compañía teatral Rúa Viva de Ourense. En 1983 fundou o seu propio grupo teatral, Kéltike Teatro en Amoeiro que mantivo ata 1987. En 1991 fundou Sal-monela Teatro na Coruña. No 2004 comeza a traballar na serie Libro de Familia para a TVG.
Películas Editar
- Catalina (Mario Iglesias, 2006)
- Pataghorobí (Ricardo Llovo, 2005; filme para a TVG)
- A Atlántida (Belén Macías, 2005)
Series Editar
- As leis de Celavella (TVG, 2004)
- Libro de familia (TVG, 2004-2010; como Senén Rego)
- Escoba! (TVG, 2012; como Arturo)
- Serramoura (TVG, 2015; como Tino Moreira)