As bestas
As bestas é un filme hispano-francés de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen. Está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán.[2] Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla,[3] o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos.
As bestas | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | As bestas |
Director | Rodrigo Sorogoyen |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Olivier Arson |
Fotografía | Alex de Pablo |
Montaxe | Alberto del Campo |
Estudio | Arcadia Motion Pictures Caballo Films Cronos Entertainment Le Pacte |
Distribuidora | A Contracorriente Films |
Estrea | Festival de Cannes: 26 de maio de 2022 |
Duración | 137 minutos |
Orixe | España Francia |
Xénero | Suspense |
Recadación | 7.019.991,82 €[1] |
Na rede | |
Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Toquio e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.
As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).
Sinopse
editarAmbientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.[4][5]
Baséase na historia real do matrimonio de Margot Pool e Martin Verfondern, chegados na década de 1990 á pequena aldea de Santoalla do Monte na comarca de Valdeorras, feitos que inspiraron o documental estadounidense Santoalla, de 2016.
Personaxes
editar- Denis Ménochet como Antoine Denis[6]
- Marina Foïs como Olga Denis[6]
- Luis Zahera como Xan Anta[7]
- Diego Anido como Lorenzo Anta[6]
- Marie Colomb como Marie Denis[8]
- Machi Salgado como Rafael[9]
- Luísa Merelas como nai dos Anta
- José Manuel Fernández y Blanco como Pepiño
- Federico Pérez como Mariano
- Javier Varela como Xosé
- David Menéndez como Alfonso
- Xavier Estévez como o sarxento Espín
- Emile Duthu como Pierrot
- Gonzalo García como Breixo
Produción
editarO filme foi producido por Arcadia Motion Pictures, Caballo Films, Cronos Entertainment e Le Pacte, coa participación de RTVE, Movistar+, Canal+ e Cine+, o apoio de Eurimages e financiamento de ICAA.[2] O guión foi escrito conxuntamente entre Isabel Peña e Sorogoyen.[5] Entre o equipo de produción están moitos colaboradores habituais de Sorogoyen (como o compositor Olivier Arson, o director de fotografía Alex de Pablo e o editor de filmes Alberto del Campo).[2]
Sorogoyen informou de que rodaría o filme "como un western".[4] A rodaxe comezou o 16 de setembro de 2021 e rematou o 13 de decembro de 2021.[2][10] As localizacións da rodaxe inclúen O Bierzo e a Galicia interior.[11]
Estrea
editarAs bestas estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 26 de maio de 2022,[12] proxectándose fóra de competición na sección Cannes Première.[13][14] O filme estreouse nos cinemas franceses o 20 de xullo de 2022.[15][16] Tamén se proxectou na 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Donostia en setembro de 2022, como parte da lista de filmes 'Pearls'.[17][18] Tamén foi escollido na lista principal do 35º Festival Internacional de Cinema de Toquio (para a súa estrea asiática).[19] Dende abril de 2022, ten unha data provisional de estrea en cinemas en España fixada para o 11 de novembro de 2022.[20]
Acollida
editarWendy Ide de ScreenDaily considerou que o filme é "un suspense psicolóxico estupendo e unha peza de cinema melancólica e musculosa que aproveita ao máximo tanto o telón de fondo galego como o impoñente físico de Menochet e o seu némesis Xan, o notable Luis Zahera.[9]
Manu Yáñez de Fotogramas valorou o filme con 3 de 5 estrelas, escribindo que Sorogoyen "mostra o seu talento para xerar situacións cargadas de hostilidade flagrante", valorando "a forma en que Sorogoyen xestiona o tempo de cada escena", sendo o mellor do filme, ao tempo que debuxa o "retrato grotesco dos habitantes do rural galego”, próximo á caricatura, como o peor da mesma.[21]
Nunha reportaxe na Radio Galega fixéronse eco de críticas en redes sociais e xornais polo que cualificaron de "torva e inaceptable mirada sobre Galicia"[22] e de presentar o país como diferente, mais non pola súa cultura "senón polo seu primitivismo brutal".[23]
En agosto de 2022, os membros da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España escolleu As bestas na súa preselección de tres filmes para a súa candidatura ao mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar xunto a Alcarràs e Cinco lobitos.[24] O filme foi nomeado ademais a 17 premios Goya.[25]
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Galardón | Categoría | Candidato(s) | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
2022 | Festival Internacional de Cinema de Donostia | Premio do Público Cidade de Donostia/San Sebastián ao Mellor Filme Europeo | As bestas | Gañador | [26] |
Festival Internacional de Cinema de Chicago | Hugo de Ouro | Nomeado | [27] | ||
Silver Hugo for Best Ensemble Performance | Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera, Diego Anido e Marie Colomb | Gañador | [28] | ||
Festival Internacional de Cinema de Toquio | Gran Premio | As bestas | Gañador | [29] | |
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
Premios Forqué | Mellor filme | As bestas | Gañador | [30][31] | |
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
2023 | Premios Lumières | Mellor actor | Denis Ménochet | Nomeado | [32] |
Mellor coprodución internacional | Gañador | ||||
Premios Feroz | Mellor filme dramático | Ignasi Estapé, Sandra Tapia, Ibon Cormenzana, Eduardo Villanueva | Gañador | [33][34][35] | |
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Nomeado | |||
Mellor guión | Rodrigo Sorogoyen, Isabel Peña | Nomeado | |||
Mellor actriz | Marina Foïs | Nomeado | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Nomeado | |||
Mellor actor secundario | Diego Anido | Nomeado | |||
Luis Zahera | Gañador | ||||
Mellor banda sonora | Olivier Arson | Gañador | |||
Mellor trailer | Miguel Ángel Trudu | Nomeado | |||
Mellor póster | Jordi Rins, Lucía Faraig | Nomeado | |||
Premios Carmen | Mellor filme non andaluz | Gañador | [36] | ||
Premios CEC | Mellor filme | Gañador | [37][38] | ||
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
Mellor actriz | Marina Foïs | Gañador | |||
Mellor actor secundario | Luis Zahera | Gañador | |||
Diego Anido | Nomeado | ||||
Mellor actriz secundaria | Marie Colomb | Nomeado | |||
Luisa Merelas | Nomeado | ||||
Mellor guión orixinal | Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor fotografía | Alex de Pablo | Gañador | |||
Mellor montaxe | Alberto del Campo | Gañador | |||
Mellor música | Oliver Arson | Gañador | |||
Premios Goya | Mellor filme | Gañador | [39][40] | ||
Mellor dirección | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor guión orixinal | Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
Melor actriz | Marina Foïs | Nomeado | |||
Mellor actor secundario | Diego Anido | Nomeado | |||
Luis Zahera | Gañador | ||||
Mellor actriz secundaria | Marie Colomb | Nomeado | |||
Mellor fotografía | Álex de Pablo | Gañador | |||
Mellor montaxe | Alberto del Campo | Gañador | |||
Mellor música orixinal | Olivier Arson | Gañador | |||
Mellor son | Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas | Gañador | |||
Mellor dirección artística | José Tirado | Nomeado | |||
Mellor deseño de vestiario | Paola Torres | Nomeado | |||
Mellor maquillaxe e peiteado | Irene Pedrosa, Jesús Gil | Nomeado | |||
Mellores efectos especiais | Óscar Abades, Ana Rubio | Nomeado | |||
Mellor dirección de produción | Carmen Sánchez de la Vega | Nomeado | |||
Premios César | Mellor filme estranxeiro | Gañador | [41][42] | ||
Premios da Unión de Actores e Actrices | Mellor actriz | Marina Foïs | Pendente | [43] | |
Mellor actor | Denis Ménochet | Pendente | |||
Mellor actor secundario | Luis Zahera | Pendente | |||
Mellor actriz secundaria | Marie Colomb | Pendente | |||
Mellor actor novel | Diego Anido | Pendente | |||
Premios Platino | Mellor actor secundario | Luis Zahera | Gañador | [44] | |
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor son | Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas | Gañador | |||
Mellor montaxe | Alberto del Campo | Gañador |
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de As bestas". Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Rodrigo Sorogoyen rueda su producción cinematográfica "más ambiciosa": ‘As Bestas’". Audiovisual451. 29 de setembro de 2021.
- ↑ Lede, Adrián (13 de novembro de 2022). "El Crimen de Santoalla: El homicidio que conmocionó Galicia e inspiró la película 'As Bestas'". Quincemil – vía El Español.
- ↑ 4,0 4,1 Hopewell, John (7 de xullo de 2021). "‘Madre’s’ Rodrigo Sorogoyen Preps ‘As Bestas’ with Le Pacte, Arcadia, Caballo (EXCLUSIVE)". Variety.
- ↑ 5,0 5,1 "Sorogoyen rueda 'As Bestas', un thriller ambientado en el rural gallego". EFE. 29 de setembro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 As Bestas – Press kit by Le Pacte (in French)
- ↑ "As bestas". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Consultado o 27 de maio de 2022.
- ↑ "Rodrigo Sorogoyen: "Estrenar As bestas en Cannes es un sueño"". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 Ide, Wendy (27 de maio de 2022). "‘The Beasts’: Cannes Review". ScreenDaily.
- ↑ "Rodrigo Sorogoyen finaliza el rodaje de ‘As Bestas’, producida por Arcadia, Caballo Films, Cronos Entertainment y Le Pacte". Audiovisual451. 16 de decembro de 2021.
- ↑ Novás, G. (30 de setembro de 2021). "Avanza en Galicia y El Bierzo el rodaje del "thriller" de Sorogoyen "As bestas"". La Voz de Galicia.
- ↑ Martínez, Luis (26 de maio de 2022). "'As bestas' culmina el viaje de Sorogoyen al alma de un cine tan tenso como iluminado". El Mundo.
- ↑ Keslassy, Elsa (29 de abril de 2022). "Cannes Festival Adds Two More Films to 2022 Official Selection". Variety.
- ↑ "'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen, tendrá su estreno en el Festival de Cannes". rtve. 29 de abril de 2022.
- ↑ Orozco, Edouard (22 de maio de 2022). "As Bestas : bande-annonce sous tension pour le nouveau Rodrigo Sorogoyen". Premiere.
- ↑ Belinchón, Gregorio (26 de maio de 2022). "‘As bestas’, viaje a los infiernos rurales de la mano de Rodrigo Sorogoyen". El País.
- ↑ "San Sebastián 2022: las películas españolas más esperadas que se verán en el festival". Cinemanía. 15 de xullo de 2022 – vía 20minutos.es.
- ↑ Loureda, Carlos (18 de setembro de 2022). "'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen, Antígona en la Galicia caníbal". Fotogramas.
- ↑ Noh, Jean (21 de setembro de 2022). "Tokyo International Film Festival unveils line-up for first full-scale physical edition in three years". ScreenDaily.
- ↑ Aller, María (26 de abril de 2022). "Las películas españolas que llegarán en 2022". Fotogramas. Consultado o 29 de abril de 2022.
- ↑ Yáñez, Manu (28 de maio de 2022). "Crítica de 'As bestas': Rodrigo Sorogoyen remueve la sangre de la Galicia profunda". Fotogramas.
- ↑ "«As bestas» y Sorogoyen, torva e inaceptable mirada sobre Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-27. Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Diario, Nós (2022-12-13). "Sobre 'As bestas'". Nós Diario. Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Belinchón, Gregorio (25 de agosto de 2022). "‘Alcarràs’, ‘Cinco lobitos’ y ‘As bestas’, preseleccionadas por España para el Oscar". El País.
- ↑ "As bestas » Premios Goya 2023". www.premiosgoya.com. Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Roxborough, Scott (24 de setembro de 2022). "‘The Kings of the World’ Wins San Sebastian Film Festival Golden Shell for Best Film". The Hollywood Reporter.
- ↑ Kay, Jeremy (16 de setembro de 2022). "‘No Bears’, ‘Saint Omer’ among Chicago fest international selections (exclusive)". Screen Daily. Consultado o 2 de outubro de 2022.
- ↑ "58th Chicago International Film Festival Reveals Award Winners". RoberEbert.com. 21 de outubro de 2022. Consultado o 28 de outubro de 2022.
- ↑ Rosser, Michael (2 de novembro de 2022). "Rodrigo Sorogoyen's 'The Beasts' wins three awards at Tokyo film festival". ScreenDaily.
- ↑ "Alcarràs', 'Cinco lobitos', 'As bestas' y 'Modelo 77', finalistas en los Premios Forqué". rtve.es. 7 de novembro de 2022.
- ↑ "'As bestas' triunfa en los Forqué y pone al rojo vivo la lucha por los Goya". rtve.es. 17 de decembro de 2022.
- ↑ Goodfellow, Melanie (16 de xaneiro de 2023). "Dominik Moll’s ‘The Night Of The 12th’ & Albert Serra’s ‘Pacification’ Lead Prizes At French Lumière Awards". Deadline Hollywood.
- ↑ "'La Ruta' y 'As bestas', entre las favoritas de los Premios Feroz 2023: consulta la lista de nominados". ¡Hola!. 24 de novembro de 2022.
- ↑ "X Premios Feroz". Asociación de Informadores Cinematográficos de España. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ Gualda, Lucía (29 de xaneiro de 2023). "Premios Feroz, en directo: los premiados a mejor película, mejor serie y mejor actriz y actor protagonistas". Vanitatis – vía El Confidencial.
- ↑ "Modelo 77 triunfa en los Carmen: Así ha quedado el palmarés". Ideal. Grupo Vocento. 5 de febreiro de 2023.
- ↑ "'As bestas' y 'Cinco lobitos', las más nominadas a las Medallas CEC". Cine con Ñ. 15 de decembro de 2022.
- ↑ Sánchez Sequera, Marcos (7 de febreiro de 2023). "‘As bestas’ brilla en los Premios del Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC)". Audiovisual451.
- ↑ "'As bestas' es la favorita de los Premios Goya del relevo generacional: listado de nominaciones". Cinemanía. 1 de decembro de 2022 – vía 20minutos.es.
- ↑ "Ganadoras Premios Goya 2023 en directo". Fotogramas. 11 de febreiro de 2023.
- ↑ "'As Bestas' leva o premio César 2023 a Mellor Película Estranxeira". Nós Diario. 25 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Leffler, Rebecca (25 de xaneiro de 2023). "‘The Innocent’, ‘The Night Of The 12th’ lead nominations for France’s Cesar Awards". ScreenDaily.
- ↑ Aller, María (31 de xaneiro de 2023). "Premios Unión de Actores 2023: conoce a los nominados de la XXXI edición". Fotogramas.
- ↑ Redacción (23 de abril de 2023). "'Arxentina, 1985' e 'As bestas', grandes triunfadoras nos Premios Platino". nosdiario.gal. Consultado o 23 de abril de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ariane Allard, « Regarde les hommes se battre (et tomber) », Positif, 737-738, Institut Lumière/Actes Sud, París, xullo-agosto de 2022, páx. 124, 0048-4911.
- Propos de Rodrigo Sorogoyen recueillis par Yves Alion, « A propos de As Bestas », L'Avant-scène Cinéma, 694, Alice Edition, París, xuño de 2022, páx. 174-179, 0045-1150