XXXVII edición dos Premios Goya

A 37 edición dos Premios Goya, entregados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, recoñeceu o mellor do cine español en 2022 e tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla, coñecido como FIBES, o 11 de febreiro de 2023.[1][2] O anuncio de Sevilla como cidade anfitrioa da 37ª edición realizouse o 29 de xuño de 2022 e, ese mesmo día, tamén se anunciou que o número de nomeados para tódalas categorías pasaría de catro a cinco.[2]

Rodrigo Sorogoyen exhibindo o seu Goya 2019 á Mellor Dirección por El reino

O cineasta Carlos Saura, quen finara o día anterior á cerimonia, recibiu o Goya de Honra pola traxectoria "pola súa ampla e moi persoal contribución creativa á historia do cine español desde finais dos 50 ata hoxe”.[3] O director deixara un discurso escrito que foi lido pola súa viúva, Eulalia Ramón, en representación da familia e onde deixou escritas as seguintes frases: "Serei feliz se o cine que fixen serviu ás novas xeracións" e "Sempre dixen que a imaxinación é máis rápida cá luz".[4]

O 1 de decembro de 2022, as actrices Blanca Portillo e Nora Navas, que o ano anterior gañaran candanseu premio, foron as encargadas de anunciar cales eran os 5 nomeamentos para cada unha das 28 categorías, entre as 165 películas españolas que se estrearon durante 2022 (94 de ficción, 63 documentais e 8 de animación) nomeáronse 5 para as 28 categorías.[5] Destacaron: As bestas con dezasete candidaturas, seguida de Modelo 77 con dezaseis e Alcarràs e Cinco lobitos, ámbalas dúas películas con once.[5][6]

A cerimonia, producida por Gestmusic, estivo presentada polos actores Antonio de la Torre e Clara Lago,[5] que xa traballaran xuntos na película Primos (2011), e foi dirixida por Tinet Rubira e Ángel Custodio, con Fernando Pérez coordinando o equipo de guionistas.[7]

Premios

editar
Mellor película Mellor dirección
Mellor interpretación masculina protagonista Mellor interpretación feminina protagonista
Mellor interpretación masculina secundaria Mellor interpretación feminina secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor dirección novel Melor dirección artística
Mellor actor revelación Mellor actriz revelación
Mellor película documental Mellor película de animación
Mellor dirección de produción Mellor montaxe
Mellor fotografía Mellor son
  • As bestas — Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas
    • Alcarràs — Eva Valiño, Thomas Giorgi, Alejandro Castillo
    • Cinco lobitos — Asier González, Eva de la Fuente López, Roberto Fernández
    • Modelo 77 — Daniel de Zayas, Miguel Huete, Pelayo Gutiérrez, Valeria Arcieri
    • Un año, una noche — Amanda Villavieja, Eva Valiño, Marc Orts, Alejandro Castillo
Mellor música orixinal Mellor canción orixinal
  • «Sintiéndolo mucho» de Sintiéndolo mucho — Composta por Joaquín Sabina e Leiva
    • «En los márgenes» de En los márgenes — Composta por Eduardo Cruz e María Rozalén
    • «Izena duena bada» de Irati — Composta por Aránzazu Calleja, Maite Arroitajauregui "Mursego" e Paul Urkijo Alijo
    • «Un paraíso en el sur» de La vida chipén — Composta por Paloma Peñarrubia Ruiz e Vanesa Benítez Zamora
    • «Batalla» de Unicorn Wars — Composta por Joseba Beristain
Mellor deseño de vestiario Mellor maquillaxe e peiteado
Mellores efectos especiais Mellor curtametraxe de ficción
  • Arquitectura emocional 1959
    • Chaval
    • Cuerdas
    • La entrega
    • Sorda
Mellor curtametraxe documental Mellor curtametraxe de animación
  • Loop
    • Amanece la noche más larga
    • Amarradas
    • La prima cosa
    • La primavera siempre vuelve
Mellor película estranxeira de fala hispana Mellor película europea
Premio Goya de Honra Premio Goya Internacional
Carlos Saura[8]
 
Juliette Binoche[9]
 

Nomeamentos e premios das películas

editar
Película Nomeamentos Premios
As bestas 17 9
Modelo 77 16 5
Alcarràs 11 0
Cinco lobitos 3
Los renglones torcidos de Dios 6 0
Cerdita 1
En los márgenes 5 0
Irati 0
Mantícora 4 0
La maternal 3 0
Un año, una noche 1
La piedad 0
Suro 2 0
La consagración de la primavera 1
El agua 0
Malnazidos 0
Unicorn Wars 1
Sintiéndolo mucho 1

In Memoriam

editar

Tamén foron homenaxeados In Memoriam, os que finaron durante o 2022: Juan Diego, Agustí Villaronga, Silvia Gambino, o exministro de Cultura José Guirao, o escritor Javier Marías, Antonio Ibáñez, Beatriz Álvarez Guerra, Carlos Saura, Fernando Estrella, Chete Lera, Eugenio Martín, Fernando Fernández, Juan Antonio Quintana, Luis Marín, Paco Merino, Pep Guinyol, Rosa Guiñón, e Rosa Mariscal entre outros[10]

  1. "Los Goya 2023 se celebrarán el 11 de febrero en Sevilla". premiosgoya.com (en castelán). 29 de xuño de 2022. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Luque, Alejandro (29 de xuño de 2022). "Sevilla acogerá el 11 de febrero una gala de los premios Goya que amplía nominados". eldiario.e (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  3. Aller, Marta (13 de febreiro de 2023). "PREMIOS GOYA 2023: LISTA COMPLETA DE GANADORES". fotogramas.e (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  4. Martínez, Luis (12 de febreiro de 2023). "Carlos Saura y mil galas como los Premios Goya para honrar su legado". elmundo.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gambín, Marta (9 de febreiro de 2023 [actualizado o día 11 de febreiro de 2023]). "Nominats als Goya 2023: tota la llista de nominacions als premis". elnacional.cat (en catalán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  6. Redacción (1 de decembro de 2022). "Nominaciones a los Premios Goya 2023: películas y actores nominados". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  7. Redacción (15 de novembro de 2022). "Antonio de la Torre y Clara Lago presentarán los Premios Goya 2023". rtve.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  8. Ramón, Esteban (10 de febreiro de 2023). "Carlos Saura, Goya de Honor 2023". rtve.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  9. Redacción (1 de febreiro de 2023). "Juliette Binoche, galardonada con el Goya Internacional 2023". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  10. Redacción (11 de febreiro de 2023). "El 'in memoriam' de los Goya 2023: de Carlos Saura a Juan Diego o Silvia Gambino". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar