Denis Ménochet
Denis Ménochet, nado en Enghien-les-Bains, Val d'Oise o 18 de setembro de 1976, é un actor de cine e televisión francés. Fíxose coñecido internacionalmente en 2009 polo personaxe Perrier LaPadite, un labrego francés interrogado por un funcionario nazi por ocultar xudeus, na película Inglourious Basterds, de Quentin Tarantino.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1976 (47 anos) Enghien-les-Bains, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Acting International (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actor , actor de cinema , actor de televisión |
Período de actividade | 2003 - |
Lingua | Lingua francesa |
Premios
| |
Elizabeth Weitzman, crítica de cine do New York Daily News, eloxiou o traballo de Ménochet, que apareceu xunto ao actor Christoph Waltz na secuencia inicial do filme de Tarantino.[1] Segundo ela, "A espléndida apertura, por exemplo, mostra unha sarabiada de balas. O que mellor recordarás, con todo, é o silencio embruxado do actor Denis Ménochet, interpretando a un granxeiro francés acusado de albergar xudeus."[2]
En 2022 interpretou en As bestas ao francés Antoine Denis, personaxe baseado no caso real do holandés Martin Verfondern, que inspirou tamén o documental Santoalla.[3] Por esa interpretación, na 37 edición dos Premios Goya, en febreiro de 2023, recibiu o Goya á mellor interpretación masculina protagonista.[4]
Notas
editar- ↑ Ikx, Adam (23 de maio de 2009). "Denis Menochet, la révélation française d'Inglourious Basterds : "Pour me préparer, j'ai passé un mois à couper du bois !"". purepeople.com (en francés). Consultado o 31 de decembro de 2022.
- ↑ "'Inglourious Basterds': Quentin Tarantino grows up in bloody movie with more humanity than shock" (en inglés). 20 de agosto de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ "Quen eran os protagonistas da historia real que inspirou «As Bestas»". La Voz de Galicia. 2022-12-20. Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Redacción (12 de febreiro de 2023). "'As Bestas' arrasa nos Premios Goya con nove galardóns". nosdiario.gal. Consultado o 12 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Denis Ménochet |
Ligazóns externas
editar- Denis Ménochet na IMDb (en inglés).