Inglourious Basterds
Inglourious Basterds é unha coprodución estadounidense-alemá de 2009 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Brad Pitt, Christoph Waltz, Diane Kruger, Michael Fassbender e Eli Roth. O filme conta unha historia alternativa de dous complots de asasinato dos líderes políticos da Alemaña nazi, un planeado por unha xudía francesa propietaria dun cinema, e outro por un equipo de soldados xudeu-americanos liderados polo Tenente Aldo Raine. O título do filme foi inspirado polo director Enzo G. Castellari, director de The Inglorious Bastards (1978).
Inglourious Basterds | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Inglourious Basterds |
Director | Quentin Tarantino |
Produtor | Lawrence Bender |
Guión | Quentin Tarantino |
Intérpretes | Brad Pitt Mélanie Laurent Christoph Waltz Michael Fassbender Eli Roth Daniel Brühl Diane Kruger Til Schweiger |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | Sally Menke |
Distribuidora | The Weinstein Company Universal Pictures |
Estrea | 2009 |
Duración | 153 minutos |
Orixe | Estados Unidos Alemaña |
Xénero | Bélico |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $321 500 000 |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20091213043412/http://inglouriousbasterds-movie.com/ | |
Tarantino escribiu o guión en 1998 pero debatíase co final e preferiu atrasar a rodaxe para traballar no filme de dúas partes Kill Bill. Despois de dirixir Death Proof en 2007, Tarantino volveu ó traballo de Inglourious Basterds. Unha coprodución entre os Estados Unidos e Alemaña, a fotografía principal do filme comezou en outubro de 2008 e foi rodado en Alemaña e Francia cun orzamento de $75 millóns. Inglourious Basterds estreouse o 20 de maio de 2009, no 62º edición do festival de Cannes.
Sinopse
editarSegunda guerra mundial. Durante a ocupación de Francia polos nazis, Shosanna Dreyfus (Mélanie Laurent) presencia a execución da súa familia por orde do coronel Hans Landa (Christoph Waltz). Ela logra fuxir a París, onde adopta unha nova identidade como propietaria dun cine. Noutro lugar de Europa, o tenente Aldo Raine (Brad Pitt) adestra un grupo de soldados xudeus ("The Basterds") para atacar obxectivos concretos. Os homes de Raine e unha actriz alemá (Diane Kruger), que traballa para os aliados, deben levar a cabo unha misión que fará caer os xefes do Terceiro Reich. O destino quere que todos se atopen baixo a marquesiña do cine onde Shosanna tamén planea acabar cos líderes nazis.
Personaxes
editar- Brad Pitt como o tenente Aldo Raine, un militar de Tennessee quen forma un equipo de oito soldados estadounidenses xudeus.
- Eli Roth como o sarxento Donnie Donowitz, chamado "O oso xudeu". "Un asasino de nazis".
- Mélanie Laurent como Shosanna Dreyfus, unha xove francesa xudía a quen os nazis deixaron orfa ó matar a toda a súa familia.
- Christoph Waltz como o coronel Hans Landa, o "caza-xudeus".
- Diane Kruger como Bridget Von Hammersmark, unha axente alemá e actriz da época.
- Michael Fassbender como Archie Hicox.
- Daniel Brühl como Frederick Zoller.
- Til Schweiger como Hugo Stiglitz, un alemán mata-nazis.
- Gedeon Burkhard como Wilhelm Wicki.
- Jacky Ido como Marcel.
- B.J. Novak como Smithson Utivitch.
- Omar Doom como Omar Ulmer.
- August Diehl como Hellstrom.
- Sylvester Groth como Joseph Goebbels.
- Mike Myers como o xeneral Ed Fenech.
- Martin Wuttke como Adolf Hitler.
- Julie Dreyfus como Francesca Mondino.
- Samm Levine como o soldado Hirschberg.
- Paul Rust como Andy Kagan.
- Michael Bacall como o soldado Michael Zimmerman.
- Cloris Leachman como a Sra. Himmelstein.
- Christian Berkel como Eric.
- Samuel L. Jackson como o Narrador.
- Maggie Cheung como Madame Mimieux.
- Denis Ménochet como Perrier LaPadite.
- Léa Seydoux como Charlotte LaPadite.
- Rod Taylor como Winston Churchill.
Galardóns e nomeamentos
editar- 2009: Oscar ó mellor actor secundario: Christoph Waltz. 8 nomeamentos.
- 2009: Globo de Ouro: Mellor actor secundario Christoph Waltz. 4 nomeamentos.
- 2009: Festival de Cannes: Mellor actor Christoph Waltz.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web oficialArquivado 01 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)