Rodrigo Sorogoyen

director de cinema español

Rodrigo Sorogoyen del Amo, nado en Madrid o 16 de setembro de 1981, é un director de cinema, realizador e guionista español, galardoado cos premios Goya 2019 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- polo filme El reino (2018) que gañou sete Premios Goya e cinco premios Feroz e premios Goya 2023 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Pena- polo filme As bestas. Os seus filmes Stockholm (2013) e Que Dios nos perdone (2016) tiveron tamén un gran recoñecemento por parte da crítica e do público.[1]

Infotaula de personaRodrigo Sorogoyen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchool of Cinematography and Audiovisual of the Community of Madrid (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2507695 Allocine: 223335 Allmovie: p579916 BNE: XX1758011 Dialnet: 3325346 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Madrid o 16 de setembro de 1981, Rodrigo Sorogoyen del Amo é neto e sobriño dos directores de cine Antonio del Amo e José Luis Madrid respectivamente.[2] Licenciouse en Historia pola Universidade Complutense de Madrid. En 2001, estudou Guión Cinematográfico na Escola de Cinema Septima Ars de Madrid. En 2004, matriculouse na Escola de Cinematografía da Comunidade de Madrid (ECAM) e comezou os seus primeiros traballos como guionista de ficción.[3]

Comezos editar

En 2008 codirixiu o filme 8 citas, en colaboración con Peris Romano. A cinta, rodada en Madrid, é unha comedia romántica a través de oito historias. Salienta o traballo de actores como Fernando Tejero, Belén Rueda, Verónica Echegui, Jordi Vilches, Raúl Arévalo, Ana Wagener, Miguel Ángel Solá ou Arturo Valls. Foi presentada no Festival de Cine de Málaga, onde tivo unha boa acollida. En 2010, xunto a tres compañeiros da ECAM, fundou o produtora Caballo Films.[4]

Rodrigo Sorogoyen dirixiu unha vintena de telefilmes para series como Impares (2008), La pecera de Eva (2010), Vida loca (2011) e Frágiles (2013).

Dirección editar

En 2013 estreouse Stockholm, con guión de Isabel Peña e Sorogoyen. Trátase dunha historia real con vontade hiperrealista. Financiada mediante micromecenado, a cinta tivo un orzamento de 60.000 euros.[5][6] A cinta, protagonizada por Aura Garrido e Javier Pereira, foi galardoada con tres Biznagas de Prata no Festival de Cine de Málaga. Ademais obtivo unha mención especial, o premio Signis ao mellor filme e o premio do Xurado Novo tamén ao mellor filme. Sorogoyen obtivo o galardón ao mellor director e o premio ao mellor guión novel, xunto á súa coguionista Isabel Peña. Un dos seus protagonistas, Javier Pereira, recibiu o Goya ao mellor actor revelación.[4]

O filme Que Dios nos perdone (2016), con guión de Isabel Peña e Sorogoyen, contou con actores como Antonio de la Torre, Roberto Álamo e Javier Pereira.[7]

En xaneiro de 2019 con El reino foi o gran vencedor dos premios Feroz 2019. O filme logrou cinco das 10 figuras ás que optaba: mellor filme dramático, mellor director, mellor actor protagonista (Antonio de la Torre), mellor actor secundario (Luis Zahera) e mellor guión con Isabel Peña.[8]

Nos premios Goya 2019 gañou o premio á mellor dirección e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- por El reino (2018).

Filmografía editar

Cinema editar

Series e telefilmes editar

  • 2008-2010 Impares (Serie de 43 episodios)
-Episodio 2.33 (2010)
-Episodio 2.32 (2010)
-Episodio 2.31 (2010)
-Episodio 2.30 (2010)
-Episodio 2.29 (2010)
-Episodio 4.39 (2011)
-Episodio 4.37 (2011)
-Episodio 4.52 (2011)
-Episodio 4.51 (2011)
-Episodio 4.50 (2011)
-Episodio 1.10 (2011)
-Episodio 1.9 (2010)
-Episodio 1.8 (2010)
-Episodio 1.7 (2010)
-Episodio 1.6 (2010)
-La madre que te parió (2011)
-Goteras en el paraíso (2011)
-Que si la abuela fuma (2011)
-Haciendo el primo (2011)
-Han bailado bingo (2011)
-Sin miedo a nada (2013)
-El extraterrestre (2013)
-La monja milagrosa (2013)
-El deportista atropellado (2013)
-Viejos amigos (2013)
  • 2014 El iluso (curtametraxe)
  • 2015 Rabia (Serie de 1 episodio)
La caza (2015)
  • 2020 En casa (Serie de 1 episodio)
-Una situación extraordinaria (2020)
  • 2021 Historias para no dormir (Tempada 1, Amazon Prime Video)

Notas editar

  1. "Por amor al arte: Javier Pereira y Rodrigo Sorogoyen". Luceral.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  2. Jose (19 de novembro de 2018). "Ha finalizado el rodaje de “Madre”, la nueva película de Rodrigo Sorogoyen". nosolocine (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  3. Crítica película Stockholm de Rodrigo Sorogoyen Arquivado 24 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine., na web El blog de Ivan Rumar.com, consultado o 7 de decembro de 2016.
  4. 4,0 4,1 "Ruy Sorogoyen: “Elegí el cine porque quería ser feliz trabajando en lo que me gustaba”". El Blog-The Blog-Le Blog. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  5. Así es ‘Stockholm’, la película de la que posiblemente seas productor, na web Cinemania.es, consultada o 7 de decembro de 2016.
  6. Ficha de la película Stockholm Arquivado 13 de abril de 2021 en Wayback Machine., na web Guiadelocio.com, consultada o 07/12/2016.
  7. Ficha de la película Que Dios nos perdone Arquivado 24 de maio de 2022 en Wayback Machine., na web Guiadelocio.com, consultada o 07/12/2016.
  8. "Los Premios Feroz 2018 coronan a 'El reino' de Rodrigo Sorogoyen". eldiario.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2019.