Arturo Valls
Arturo Valls Mollá, nado en Valencia o 24 de marzo de 1975, é un actor e presentador de televisión español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1975 (49 anos) La Punta, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor , presentador de televisión , xornalista , presentador , celebridade |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parella | Eva González |
Biografía
editarNaceu no barrio de La Punta (Valencia). Estudou no instituto San Vicente Ferrer. Comezou a carreira de Xornalismo en Valencia, a cal abandonou cando empezou como reporteiro nunha televisión local da mesma cidade (Valencia Te Ve), un magacín presentado por Laura Pérez Vehí chamado La luna de Valencia, e tendo como compañeira de programa a Carmen Alcayde.
O seu debut nunha televisión nacional foi en 1996, como reporteiro na primeira etapa de Caiga Quien Caiga, que presentaba o Gran Wyoming. Unha vez que finalizou o programa en 2002, foi fichado pola FORTA, onde presentou o programa X cuánto?, que se emitiu en varias cadeas autonómicas españolas como Telemadrid ou Canal 9 e posteriormente presentou o espazo de zapping Licencia para mirar, onde protagonizou monólogos e sketches.
Máis tarde colaboraría con Florentino Fernández e Nuria Roca no programa de humor UHF de Antena 3. Despois presentou durante un curto espazo de tempo Los Más, xunto a Silvia Jato. Finalmente, recalou de novo en Telecinco, substituíndo durante uns meses a Jesús Vázquez como presentador do concurso Allá tú. Tamén participou na serie Gominolas, emitida por Cuatro, que só durou 7 capítulos en antena.
Interveu ocasionalmente en capítulos de varias series televisivas como Un paso adelante, 7 vidas e Aída. Por outra banda, desenvolveu a súa faceta de actor na gran pantalla nas películas El corazón del guerrero e Torrente 2: Misión en Marbella.
Foi Jesús Quesada en Camera Café e posteriormente interpretou o mesmo personaxe en ¡Fibrilando!. Tamén colaborou esporadicamente en Muchachada Nui.
En 2008 filmou a película 8 citas xunto a Fernando Tejero entre outros.
En decembro de 2009 estrea o programa Vaya tropa en Cuatro que é retirado pouco despois polos seus baixos índices de audiencia. En xullo de 2010 protagoniza a parodia La isla de los nominados e no verán de 2011 ficha por Antena 3 para presentar o concurso ¡Ahora caigo!, concurso que na súa primeira emisión fíxose co liderado da noite e co minuto de ouro, sendo un gran triunfo.[1]
Tras aparecer como invitado especial na primeira edición do programa Tu cara me suena, na segunda edición é un dos oito concursantes.
O 23 de outubro de 2012 Arturo Valls presentou xunto a Patricia Conde a gala dos Neox Fan Awards en Neox.[2]
Televisión
editar- Caiga Quien Caiga (1996-2002, 2005-2007) en Telecinco.
- X cuánto? (2003) en FORTA.
- Licencia para mirar (2003) en Telemadrid.
- UHF (2004) en Antena 3.
- Los Más (2004) en Antena 3.
- ¡Allá tú! (2005) en Telecinco.
- Camera Café (2005-2009) en Telecinco.
- Gominolas (2007) en Cuatro.
- ¡Fibrilando! (2009) en Telecinco.
- Vaya tropa (2009-2010) en Cuatro.
- Pelotas (2010) en La 1.
- La isla de los nominados (2010) en Cuatro.
- BuenAgente (2011) en laSexta
- ¡Ahora caigo! (2011-actualidade) en Antena 3, presentador.
- Museo Coconut (2011-actualidade) en Neox colaborador/protagonista.
- Neox Fan Awards (2012-actualidade) Neox, presentador.
- Tu cara me suena (2012-actualidade) Antena 3, Concursante.
Filmografía
editar- Perdiendo el Norte (2014)
- 8 citas (2008)
- Bee Movie interpretando a Barry (dobraxe) (2007)
- Casual Day (2007)
- Torrente 2: Misión en Marbella (2001)
- Severo Ochoa. La conquista de un Nobel interpretando a Dalí (Telefilm) (2001).
- El corazón del guerrero (2000)
Música
editarParticipación como cantante na gravación do disco "Los pitufos maquineros".
Premios
editar- Fotogramas de Prata 2006 - Mellor actor de televisión
- Neox Fan Awards - Mellor presentador de televisión[3]
Notas
editar- ↑ El Mundo (ed.). "Arturo Valls cae na 'trampilla' dos concursos". Consultado o 6 de xullo de 2011.
- ↑ "Patricia Conde y Arturo Valls presentan la gala 'Neox Fan Awards'". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2020-04-29.
- ↑ Antena3 (24 de outubro de 2012). "Arturo Valls, mellor presentador de televisión nos Neos Fan Awards". Consultado o 25 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista en 20 minutos (15 de decembro de 2006)
- Entrevista en La Guía TV (21 de xullo de 2006)
- Entrevista en Las Provincias (16 de maio de 2006)
- Entrevista en 20 minutos (27 de setembro de 2005)
- Vídeo: reportaxe de Arturo Valls para CQC
- Vídeo Arturo Valls interpretando a Jesús Quesada en Camera Café