Festival Internacional de Cinema de Toquio
O Festival Internacional de Cinema de Toquio (東京国際映画祭 Tōkyōkokusaieigasai?, TIFF) é un festival de cinema estabelecido na cidade xaponesa de Toquio en 1985. O evento celebrouse cada dous anos dende 1985 até 1991, e dende 1991 celébrase anualmente. Xunto co Festival Internacional de Cinema de Shanghai, é un dos festivais de cinema competitivos de Asia, e o único festival xaponés acreditado pola FIAPF.[1][2]
Festival Internacional de Cinema de Toquio | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | TIFF |
Tipo | festival de cinema e organización |
Data de fundación | 1985 |
Sede | Toquio |
País | Xapón |
Na rede | |
http://www.tiff-jp.net/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os galardóns outorgados durante o festival mudaron ao longo da súa existencia, mais o Grand Prix de Toquio, concedido ao mellor filme, mantívose como o premio máis importante. Outros premios que foron concedidos de xeito regular son o Premio Especial do Xurado e os de mellor actor, actriz e director.[3]
Nos últimos anos, os eventos principais do festival véñense celebrando durante unha semana a finais de outubro en Roppongi Hills. Os eventos inclúen proxeccións ao aire libre, proxeccións con voces superpostas e aparicións dos actores, así como seminarios e simposios relacionados co mercado cinematográfico.[2]
NotasEditar
- ↑ International Federation of Film Producers Associations Arquivado 04 de xullo de 2017 en Wayback Machine..
- ↑ 2,0 2,1 "Tokyo International Film Festival - Outline". www.tiff-jp.net.
- ↑ "Grand Prix Winners at the Tokyo International Film Festival". nippon.com (en inglés). 16 de novembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2019.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en xaponés) (en inglés)