Belén Regueira

xornalista galega

Belén Regueira Leal, nada na Coruña o 1 de setembro de 1977, é unha xornalista galega.

Modelo:BiografíaBelén Regueira

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRadio Galega Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 2991616

Traxectoria

editar

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu contacto cos medios de comunicación presentando un programa de entrevistas e música chamado Chambo (1997). De aí pasou aos servizos informativos da Televisión de Galicia, onde presentou telexornais en distintas franxas horarias.

En 2005 comeza a presentar na Radio Galega o magacine da fin de semana, chamado Extrarradio, e en 2008, sen abandonar a radio, regresa á televisión para presentar O país dos ananos, un programa onde interveñen nenos de toda Galicia falando de todo tipo de temas. Este traballo valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do ano 2008.

Desde mediados de 2009, coincidindo coa reestruturación da programación da Radio Galega e da TVG, suprimiuse o espazo Extrarradio e desde aquela Belén Regueira realiza tarefas de redacción no magacine Galicia por diante da Radio Galega[1]. Tamén colaborou periodicamente no semanario A Nosa Terra.

Deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega[2]

Galardóns e nomeamentos

editar
  1. Ficha do Galicia por Diante Arquivado 17 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Consultado o 4 e febreiro de 2010.
  2. Créditos do Dicionario de pronuncia da lingua galega.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar