Chambo foi un programa de televisión musical, emitido pola Televisión de Galicia entre 1999 e 2000. Estaba presentado por Belén Regueira e dirixido por Xaime Fandiño. En 1999 recibiu o premio da AGAPI á mellor produción para televisión.[1]

Chambo
Formato magazine musical
Producido por Carlos Regueira e Luis Collazo
Presentado por Belén Regueira Leal
Día(s) de emisión sábados
Cadea TVG
Día da estrea 1999

Na rede
http://www.crtvg.es/crtvg/especiais/chambo

Características

editar

O programa, dunha hora de duración, estaba dirixido ao público novo. Incluía entrevistas no plató e a pé de rúa a grupos musicais, xeralmente galegos e españois, de estilos variados, como o metal (Dismal, Barón Rojo...), rock (Killer Barbies), pop (Los Piratas) ou cantautores (Ismael Serrano...). Amais, emitíanse videoclips de grupos de sona (Korn...).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar