GalegoLab

asociación cultural galega

GalegoLab foi unha asociación cultural fundada en 2010[1] co obxectivo de promocionar e normalizar a lingua propia de Galiza, o galego[2]. A organización tiña como principal ferramenta de traballo a súa páxina web, que vén sendo unha rede social de crowdsourcing, onde os usuarios propoñen, cualifican ou denegan a viabilidade dunha idea ou proxecto.

GalegoLab
Tipoasociación cultural
Data de fundación2010
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://www.galegolab.org/
editar datos en Wikidata ]
GalegoLab ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
Presentación na web da organización

Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar o proxecto foron Iago Martínez, María Yáñez, Belén Regueira, Antón Reixa ou Xabier P. DoCampo.

En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas[3].

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Receptor Resultado
2010 Mellor obra interactiva GalegoLab Gañador
  1. A comezos de ano, malia que a súa web non foi posta a disposición dos usuarios até o 20 de maio do 2010.
  2. GalegoLab nace para renovar a loita polo galego Arquivado 15 de xuño de 2010 en Wayback Machine., nova n'A Nosa Terra.
  3. "Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información" Arquivado 17 de setembro de 2010 en Wayback Machine., artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar