Doentes (filme)
Doentes é unha longametraxe galega de ficción, producida en 2011 con dirección de Gustavo Balza. Está baseada na obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño. O filme estreouse en Galicia o 20 de maio de 2011. Foi unha das grandes vencedoras dos Premios Mestre Mateo 2011 (entregados no 2012), gañando cinco galardóns, incluíndo mellor longametraxe de ficción e mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris".
Doentes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Doentes |
Director | Gustavo Balza |
Produtor | Filmanova Invest ZircoZine TVG R Director de produción: Enrique Banet |
Guión | Roberto G. Méndez Gustavo Balza |
Baseado en | Doentes de Roberto Vidal Bolaño |
Intérpretes | Antonio Durán "Morris" Xosé Manuel Olveira "Pico" |
Música | Bieito Romero |
Fotografía | Suso Bello |
Montaxe | Sandra Sánchez |
Estrea | 20 de maio de 2011 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 300.000 €[1] |
Recadación | 5.098,60 €[2] |
Na rede | |
O filme estreouse en galego en cinco salas comerciais: Filmax na Coruña, Multicines Centro en Lugo, Cines Compostela en Santiago de Compostela, cines Praza Elíptica en Vigo e Multicines Gran Arousa en Vilagarcía de Arousa.[1]
Trama
editarSantiago de Compostela, década de 1950. Os enfermos acollidos no Hostal dos Reis Católicos son botados á rúa, dado que pecha como hospital e pasa a ser un hotel de luxo, para albergar persoeiros estranxeiros, como o presidente dos Estados Unidos de América, Dwight D. Eisenhower, quen visitou a cidade pouco despois.
Don Valeriano e Cañete comezan unha peregrinación na procura dun lugar onde pasar a noite, e descobren que a policía está a apresar xente porque ao día seguinte estarán de visita Francisco Franco e mais a súa muller, Carmen Polo. Don Valeriano leva unha talla en madeira de San Serapio para lla dar a Carmen Polo, mais hai un trasacordo co intermediario e finalmente levan a figura canda a eles toda a noite. Pasan a noite perseguidos por membros dun requeté de falanxistas, que os acusan de roxos.
Ambos os dous son pais de membros da loita antifranquista, e Cañete prometéralle ao seu fillo, xa morto, que procuraría matar o xeneralísimo. Don Valeriano pide axuda a membros do Partido Comunista na clandestinidade, mais estes optan pola loita política no canto da militar porque obedece mellor aos fins da súa loita. Pensan en falar con xente do Partido Galeguista, pero din que están máis pendentes da loita literaria.
Tras unha falcatruada, mexar por riba dun municipal, son levados a comisaría, mais déixanos ceibes por falta de espazo. Finalmente os requetés danlle unha malleira a Cañete, e Don Valeriano intenta matar a Franco pola súa conta.
Elenco
editarGalardóns e nomeamentos
editar- 2011: Festival de Málaga: Sección oficial - Longametraxes a concurso.
- 2011: Seleccionada para participar na 33ª edición do Festival Internacional de Cine de Moscova, na sección 'Focus on Spain'.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
10ª edición | Mellor filme | Gustavo Balza | Gañador |
Mellor director | Gustavo Balza | Nomeado | |
Mellor actor | Antonio Durán "Morris" | Gañador | |
Xosé Manuel Olveira "Pico" | Nomeado | ||
Mellor actriz | María Vázquez | Nomeada | |
Mellor guión | Roberto G. Méndez e Gustavo Balza | Nomeados | |
Mellor dirección de produción | Enrique Batet | Gañador | |
Mellor dirección artística | Alexandra Fernández | Gañadora | |
Mellor montaxe | Sandra Sánchez | Nomeada | |
Mellor música orixinal | Bieito Romero | Nomeado | |
Mellor son | Carlos Mouriño | Nomeado | |
Mellor fotografía | Suso Bello | Gañador | |
Mellor deseño de vestiario | Eva Camino | Nomeada |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 AVG (ed.). "Doentes en AVG". Consultado o 25 de novembro de 2013.
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Doentes". Consultado o 2 de novembro de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no soportal do audiovisual galego.
- Imaxes da rodaxe na web da RTVG
- Doentes na IMDb (en inglés).
- Fotogramas "Doentes-Enfermos"
- Filmaffinity "Doentes (Enfermos)"
- Culturamas "Doentes (2011)"
- "Gustavo Balza: 'Doentes es una película con vocación universal'", artigo en El Mundo, 15 de xuño de 2011 (en castelán).