Serapio, nado en Londres en 1179 e finado en Alxer o 14 de novembro de 1240, foi un santo e un militar de orixe irlandesa que participou nas cruzadas ao servizo do rei Ricardo Corazón de León.[1]

Modelo:BiografíaSerapio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Serapion of Algiers Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1179 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1240 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Alxer Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncabaleiro cristián, monge guerreiro (pt) Traducir, frade Editar o valor en Wikidata
Período de tempoXeración do século XIII e xeración do século XII Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé e Q2028821 Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de novembro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1773549
Relevo procedente dalgún retablo do século XVIII, hoxe exposto no claustro do Mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra).

Traxectoria

editar

Naceu en Londres no ano 1179, mais era de orixe irlandesa. Participou nas cruzadas ao servizo de Ricardo Corazón de León. De regreso viaxou a España, onde participou na Reconquista, servindo nas filas de Alfonso VIII, despois do cal coñeceu a San Pedro Nolasco e aos frades mercedarios.[1] Ingresou na Orde da Mercé en 1222 e participou en varias redencións.[1] Na súa última redención, quedou como parte de pago para a liberación dalgúns cativos, pero o diñeiro para o seu rescate non chegou a tempo. O 14 de novembro de 1240, baixo o reinado de Abu Muhámmad ar-Rashid, foi martirizado polos sarracenos, quen lle ataron a unha cruz en forma de aspa e arrincaron os intestinos; logo cortáronlle as extremidades. É protomártir da orde mercedaria.[2]

Canonización e culto

editar

En 1743 foi inscrito no catálogo dos santos. A súa festividade celébrase o 14 de novembro. É considerado o patrón dos enfermos e da cidade de Azul (Buenos Aires), e a devoción a el fixo recorrente o uso do aceite que leva o seu nome, para os padecementos na zona abdominal.

Galicia

editar

En Galicia é venerado en Conxo (Santiago de Compostela).[3][4][5][6] Na obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño, é a talla coa que carga o personaxe don Valeriano.

  1. 1,0 1,1 1,2 https://web.archive.org/web/20090114212526/http://www.orderofmercy.org/Saints.htm#stserapion
  2. http://www.angelfire.com/planet/avemaria/mercy/serapion.html
  3. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-01. 
  4. "...Cuando las fiestas de San Serapio eran uno de los actos principales de las fiestas del barrio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01. 
  5. Reboyras, Arturo. "Duerme en una casa de Conxo desde la Guerra Civil la imagen de San Serapio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01. 
  6. Marco, Luis Negro. "De Serapis a San Serapio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01.