Abrir o menú principal

Sandra Sánchez

directora e montadora de cine galega

Sandra Sánchez Cachaza, coñecida como Sandra Sánchez, nada en Narón en 1970, é unha directora e montadora de cine galega.

Sandra Sánchez
Nome completoSandra Sánchez Cachaza
Nacemento1970
 Narón
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirectora de cine e montador
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou realización audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1991 formou parte da primeira promoción desta escola, onde realizou varias curtametraxes, entre elas a curta Ven a Bens, que recibiu varios premios e recoñecementos. É Técnica superior en realización e produción de programas audiovisuais (EIS, 1994), e Técnica superior en operacións de postprodución (EIS, 1992).

Desde daquela alterna o seu traballo como directora-realizadora e montadora, amosando un especial interese polo xénero documental.

Dirixiu documentais como Sueños desde el abismo (2006) e Aguiño, sobrevivir al Prestige (2003), este último emitido por varias canles de televisión internacionais.

Foi tamén responsábel da dirección das series documentais Moito mar (2001) e 112 rescate (2002), e da serie de ficción Rías Baixas (2003-2004), todas elas para a TVG.

Como montadora, a súa traxectoria foi extensa. Caben destacar a este respecto:

Na actualidade traballa como directora en Tic Tac Producciones, como directora/realizadora- montadora en freelance, e está en proceso de desenvolvemento a súa segunda longametraxe documental, Matavenero, da que se prevé que a súe estrea sexa en 2014.

Galardóns e nomeamentosEditar

  • Psicokiller, 2º premio Certame de Vídeo Cidade de Terrassa 1993.

1993.

  • Ven a Bens
    • Premio extraordinario no Certame de Vídeo Cidade de Terrassa;
    • 2º Premio A.I.C.A (Madrid 1995);
    • Mellor curta documental da década dos 90, segundo enquisa realizada a 17 críticos e estudosos do audiovisual en Galicia.
  • A Repesca, premiado no concurso de guións "A Coruña de Cine" (1995).
  • Galicia un país con recursos, premio AGAPI á mellor montaxe (1997).
  • Buenos Aires: A Fronteira Sur do Soño, premio AGAPI á mellor montaxe (1998).

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Título Resultado
2003 Mellor montaxe Rías Baixas Nomeada
2007 Mellor realización A Casa de 1907 Nomeada
Mellor montaxe Isaac Nomeada
2009 Mellor montaxe Rafael Nomeada
2011 Mellor director Tralas luces Gañadora
Mellor guión Tralas luces Nomeada
Mellor montaxe Tralas luces Gañadora
Doentes Nomeada
Mellor fotografía Tralas luces Nomeada

Véxase taménEditar