Abrir o menú principal

Carmen Polo

muller do ditador Francisco Franco

María del Carmen Polo y Martínez-Valdés, nada en Oviedo o 11 de xuño de 1900, e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1988, máis coñecida como Carmen Polo de Franco, foi a esposa de Francisco Franco, militar e ditador español que gobernou España dende 1939 até 1975.

Carmen Polo
Carmen Polo, 1st Lady of Meiras.jpg
Nacemento11 de xuño de 1900
 Oviedo
Falecemento6 de febreiro de 1988
 Madrid
Causabroncopneumonia
SoterradaCemiterio de Mingorrubio - O Pardo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítica
CónxuxeFrancisco Franco
FillosCarmen Franco Polo
PremiosOrde de Isabel a Católica, Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad e Medalla de ouro de Vitoria-Gasteiz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Carmen Polo naceu o 11 de xuño de 1900, no seo dunha acomodada familia de Oviedo. Os seus pais foron Felipe Polo y Flórez (1860-1926), avogado natural de Palencia, con propiedades considerables e ascendencia carlista, e Ramona Martínez-Valdés y Martínez-Valdés (1870-1914), pertencente a unha ilustre familia de San Cucao, parroquia do concello asturiano de Llanera.[1] A súa nai faleceu o 8 de febreiro de 1914 cando Carmen contaba tan só trece anos de idade. Dende entón, e xunto ós seus tres irmáns Felipe (1897-1979), Isabel (1902-1993) e Ramona "Zita" (1907-1993), pasou ó coidado da súa tía, Isabel Polo y Flórez, muller do avogado Luis Vereterra Estrada, a cal se asegurou da educación dos nenos: primeiro estudaron nas Ursulinas e logo nun colexio das Salesianas. En casa tiñan unha institutriz francesa, Madame Claverie.

Noivado con FrancoEditar

Carmen coñeceu a Francisco Franco en Tarna, pouco despois de que o trasladasen á gornición de Oviedo, na primavera de 1917. A familia Polo y Martínez-Valdés non vía con bos ollos o noivado da súa primoxénita con Franco, a quen consideraban «pouca cousa» para a súa filla, e preferían casala no seo da aristocracia ovetense.[2]

O seu pai chegou a pronunciarse cualificando o noivo de pobre aventureiro en busca dunha boa dote e nunha frase que circulou entre as altas esferas de Oviedo, Felipe Polo sinalou que "permitir casar á súa filla cun comandante africanista era como permitir que o fixese cun toureiro". Porén, Carmen conseguiu lograr o consentimento definitivo do seu pai e a súa tía, despois de dous anos. O noivado, marcado pola guerra do Rif, non foi doado e a voda adiouse en varias ocasións.

 
Casamento de Carmen Polo con Francisco Franco.

Cando morre o xeneral Valenzuela, sucesor de José Millán-Astray á fronte da Lexión, ofrécenlle a Franco a xefatura e o ascenso a tenente coronel. A voda celebrouse o 23 de outubro de 1923, na igrexa de San Juan el Real, en Oviedo.[3] Foi padriño o rei Afonso XIII, representado polo xeneral Antonio Losada, gobernador militar de Asturias. A madriña foi unha tía da noiva: Pilar Martínez-Valdés, viúva de Ávila, relegando á nai do noivo (o pai non asistiu).

Carmen Polo deu a luz á súa única filla, María del Carmen, o 14 de setembro de 1926, á que se deu o alcume de "Nenuca". Foi bautizada na igrexa de San Juan el Real de Oviedo, onde contraeran matrimonio os seus pais.

Guerra civilEditar

En xullo de 1936, ó estalar a guerra civil, Carmen e a súa filla partiron cara a Francia, baixo nomes supostos, pois os pais temían que "Nenuca" puidese ser secuestrada. Foron trasladadas polo contraalmirante Fernando Balén, futuro director do Instituto Hidrográfico de Cádiz. Alí esperábaas o comandante Antonio Barroso, quen as trasladou a Baiona, onde se refuxiaron na casa da súa antiga institutriz, Claverie. A finais de setembro de 1936, Franco enviou a buscalas co seu curmán, Salgado-Araujo. Cando Franco sobe ó poder, Carmen Polo convértese en primeira dama.

NotasEditar

  1. Os avós paternos de Carmen foron Claudio Polo y Astudillo, natural de Palencia, catedrático da Universidade de Oviedo, e Bonifacia Flórez de Prado, finada en Oviedo en 1863. E os bisavós, Telesforo Polo Briz, médico do Pretendente Don Carlos VI, e Isabel Astudillo, quen ademais de Claudio, tiveron por fillo a Felipe Polo y Astudillo, que seguiu a profesión do seu pai pero serviu á dinastía «liberal», como Médico de Cámara da Raíña Gobernadora].
  2. El País. "Doña Carmen". 
  3. «En moitas biografías aparece confundida a data da voda, ó poñer uns biógrafos o día 16 e outros o 23. A verdadeira data é a derradeira, segundo aparece na acta matrimonial.» Andrés Rueda, Franco, el ascenso al poder de un dictador (Madrid, Nowtilus, 2013), p. 92.