Beatriz Manjón
Beatriz Manjón Bermúdez , tamén coñecida como Bea Manjón, nada en Ferrol o 7 de marzo de 1976, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1976 (48 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora, presentadora de televisión |
Traxectoria
editarFotografía de Beatriz Manjón na TVG |
Filla de nai cordobesa, é licenciada en xornalismo. Presentou varios programas de televisión, a maioría deles na Televisión de Galicia, coma Bravo polos amigos (2002) xunto con Alberto Comesaña, Noite Brava (2004), Noitemóbil (2006)[2], Buscando estrelas xunto con Tacho González (2007), a Revista Fin de Semana, A Solaina ou Voga voga mariñeiro (2014).[3]
Presentou o concurso cultural Teletreando na canle 7 Región de Murcia e o talk-show La Bomba en Canal Nou. Colaborou noutras cadeas coma TVE, Canal Sur ou Antena 3.
Escribiu dende 2008 ata 2010 unha columna en La Voz de Galicia chamada "El Cuaderno de Beatriz" e en 2012 publicou a novela Héroes de polvo (editorial: Suma de Editores).
Notas
editar- ↑ Artigo en La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Beatriz Manjón, volta e noite" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe.
- ↑ Voga voga mariñeiro á carta na páxina da TVG.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb.
- Currículo[Ligazón morta] en Mundo Mejor Producciones.