Tralas luces
Tralas luces é unha longametraxe galega producida en 2011 con dirección de Sandra Sánchez. É un documental e estreouse en Galicia o 30 de setembro de 2011.
Tralas luces | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Sandra Sánchez |
Produtor | Fernanda del Nido (Tic Tac Producciones) coprodución: Lagarto Cine, Arxentina & Ukbar Filmes, Portugal produtora executiva: Fernanda del Nido director de produción: Óscar Pousada |
Guión | Sandra Sánchez |
Música | Acho Estol |
Fotografía | Sandra Sánchez |
Montaxe | Sandra Sánchez e Nahum C. Fiuza |
Estrea | 30 de setembro de 2011 |
Duración | 122 min |
Orixe | Galicia |
Xénero | Documental |
Recadación | 4.437,10 €[1] |
Na rede | |
Sinopse
editarTralas luces é a historia dunha viaxe. A viaxe de Lourdes, unha feirante que percorre na súa caravana as estradas do norte de España xunto coa súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas.
Hai anos, a pista era o seu gran soño. Fundou unha familia e meteuse en gastos, pero os soños teñen vida propia. Lourdes afoga nas súas esperanzas e ninguén parece decatarse.
A través de estradas, pobos e aldeas, descubriremos un mundo en perigo de extinción, unha vida itinerante e, sobre todo, unha gran historia de amor e de perda.
A película, en palabras da autora
editarA película naceu co obxectivo de facer un retrato colectivo dunha forma de vida nómade, o dos feirantes ambulantes. Porén, a idea inicial foise transformando, centrándose a rodaxe na vida dunha familia, especialmente da matriarca.
A rodaxe durou 9 meses, nos que se conseguiron 200 horas de gravación.
Premios
editarNos Premios Mestre Mateo 2011, o filme acadou os seguintes premios:
- Mellor longametraxe documental
- Mellor dirección (Sandra Sánchez)
- Mellor montaxe (Sandra Sánchez e Nahum C. Fiuza)
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Tralas luces". Consultado o 2 de novembro de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web oficial de Tralas luces
- Imaxes
- Tráiler
- "Los choques de la vida", crítica en El País, 30 de setembro de 2011.
- Festival de San Sebastián