Emma Lustres
produtora de cine galega
Emma Lustres Gómez, nada no Grove en 1975 é unha produtora de cine galega.[1]
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) O Grove, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | produtora |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarNo ano 2003 fundou na Coruña a empresa Vaca Films, na que traballa dende entón como produtora executiva. É a responsable da produción de títulos como O descoñecido, El Niño ou Cela 211 pola que gañou o Goya a mellor película no ano 2010.[2][3]
O cine producido por Emma Lustres trata sempre de acadar boas cifras comerciais, traballando sobre todo xéneros como; acción, o suspense e en menor medida a comedia.
En febreiro de 2021 entrou a formar parte do consello de administración do Deportivo da Coruña, presidido por Antonio Couceiro.[4]
Notas
editar- ↑ "Emma Lustres". IMDb. Consultado o 2016-08-31.
- ↑ RTVE .es (14-2-2010). "Celda 211, Goya a la Mejor Película". Consultado o 31-8-2016.
- ↑ "24 Edición de los Premios Goya (2010) - Películas del 2009 - FilmAffinity". FilmAffinity. Consultado o 31-8-2016.
- ↑ "Antonio Couceiro, novo presidente do Real Club Deportivo após dimitir o anterior Consello de Administración". 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021.