El Niño (filme de 2014)
El Niño é un filme español dirixido por Daniel Monzón que se estreou no 2014. Está protagonizado polo debutante Jesús Castro, xunto con Luís Tosar, Sergi López Ayats e Bárbara Lennie.
El Niño | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El Niño |
Director | Daniel Monzón |
Guión | Daniel Monzón Jorge Guerricaechevarría |
Intérpretes | Luís Tosar Jesús Castro Eduard Fernández Sergi López Ayats Bárbara Lennie |
Música | Roque Baños |
Fotografía | Carles Gusi |
Estudio | Ikiru Filmsz La Ferme! Productions Maestranza Films Telecinco Cinema StudioCanal |
Estrea | 2014 |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
http://www.xn--elniolapelicula-1qb.es/ | |
Sinopse
editarDous mozos, El Niño e El Compi, queren iniciarse no mundo do narcotráfico no estreito de Xibraltar. Risco, emocións e moitos cartos para quen sexa quen de percorrer esa distancia nunha lancha cargada de droga. Jesús e Eva son dous axentes da Policía antidroga que levan anos tratando de demostrar que a ruta do haxix é unha das principais vías de penetración da cocaína en Europa. O seu obxectivo é o Inglés, o home que move os fíos dende Xibraltar, que é a base de operacións.
Personaxes
editar- Jesús Castro como El Niño
- Luís Tosar como Jesús
- Sergi López Ayats es Vicente
- Saed Chatiby como Halil
- Bárbara Lennie como Eva
- Ian McShane como Inglés
- Eduard Fernández como Sergio
- Mariam Bachir como Amina
- Jesús Carroza como El Compi
- Moussa Maaskri como Rachid
Nos Premios Mestre Mateo de 2014, El Niño estivo nomeado en 3 categorías, mais non colleitou premio en ningunha delas.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
13ª edición | Mellor filme | Daniel Monzón | Nomeado |
Mellor actor | Luís Tosar | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel F. Fidalgo e Noé Montes | Nomeados |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do filme
- El Niño na IMDb (en inglés).