Marta Doviro

actriz e presentadora de televisión galega

Marta Pérez Torre, nada en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1984, é unha actriz e presentadora de televisión galega.[1] Debe o seu nome artístico, Marta Doviro, ó alcume da súa familia paterna, orixinaria da aldea de Viro, en Outes.

Marta Doviro
Nacemento1984
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Na rede
Facebook: marta.doviro Instagram: martadoviro Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Marta Doviro criouse entre Muxía e Corcubión e con 17 anos volveu a Santiago de Compostela, onde estudou tres anos de farmacia. Nesta etapa gañou o concurso de moda local organizado por El Corte Inglés e quedou finalista en dúas ocasións no concurso de moda Top Área Central. Logo deses tres anos decidiu mudarse a Ourense onde finalmente se diplomou en Deseño de Produtos na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde.[Cómpre referencia]

Logo desta etapa de estudante foi vivir á Coruña onde estivo traballando no departamento de mercadotecnia da firma galega de moda Caramelo.[1]

Presentou A mochila do viaxeiro en V Televisión, traballo polo que foi nomeada a un Premio Mestre Mateo no ano 2011 na categoría de Mellor Comunicadora. Na Televisión de Galicia presentou De quen vés sendo? en 2013, Somos ben curiosos en 2015[2] e Máis galego nos veráns de 2014 e 2015. Por este último foi finalista, de novo na categoría de mellor comunicadora, dos Premios Mestre Mateo 2014.

Presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da TVG e acompañou a Xosé Ramón Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015. Ese mesmo verán retransmitiu en directo as fogueiras de San Xoán nun programa especial da TVG xunto a Lucía Rodríguez Vázquez e Bernardo Montaña.[Cómpre referencia]

No ámbito da interpretación participou como "Doutora Pita" na serie de televisión Luci en 2014, e deu vida a "Olalla" na serie Pazo de Familia desde a súa incorporación de 2015 a 2017, na 3ª temporada e durante dúas máis, ata a penúltima da serie.[Cómpre referencia]

En 2016 participou no especial de Nadal de Larpeiros (TVG), e nos anos 2016-2017 presentou Feirantes[3] e Gastrópodos, cociña en ruta na TVG.[4] Tamén en 2017 rodou a curtametraxe O jazz dos proscritos, de Manuel Gil Castro.

En 2018 acadou o seu terceiro nomeamento ós premios Mestre Mateo como mellor comunicadora co programa Unha viaxe para contar, tamén na TVG.[5] Na gala tamén se encargou de entregar un dos premios.[6] A finais dese mesmo ano, comezou a gravar a segunda tempada do programa Malo será, que se emitiu ó longo de 2019 na TVG, no que exerceu de presentadora, e ocasionalmente tamén participou actuando nalgún sketch, sendo a súa primeira incursión no mundo do humor.[7] Todo isto combínao coa presentación de diversas galas de moda, deportivas, benéficas, culturais e de festas, participacións en programas de radio na Radio Galega e en Radio Coruña, especiais de Nadal do programa "Coma un allo", entrevistas no programa A Revista, e en obras de teatro como E se os soños se cumpren, coa compañía O Garaxe Hermenéutico, para o público infantil. Tamén impartiu en 2019 clases de teatro.

Así mesmo, volveu ó mundo da publicidade ó protagonizar en 2019 un spot televisivo para o lanzamento de MEGA da cervexeira Estrella Galicia.[8][9]

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Título Resultado
2011 Mellor comunicadora A mochila do viaxeiro Nomeada
2014 Mellor comunicadora Máis galego Nomeada
2018 Mellor comunicadora Unha viaxe para contar Nomeada

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar