Fernanda del Nido

produtora de cine galega de orixe arxentina

Fernanda del Nido, nada na Arxentina en 1974, é unha produtora de cine galega de orixe arxentina e profesora da Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación).

Infotaula de personaFernanda del Nido
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3129085 Twitter: ferdelnido Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de graduarse licenciada en Ciencias da Comunicación na Universidade de Buenos Aires (Arxentina), trasladouse a Galicia onde realizou o mestrado en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) e fixo o doutoramento na Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña.

En 2008 graduouse no programa de formación para produtores e emprendedores europeos European Audiovisual Entrepreneurs (EAVE). Dentro da súa experiencia laboral e despois de desempeñar labores de produción en distintos medios de comunicación da cidade de Buenos Aires, trasladouse a Galicia.

No seu percorrido no sector audiovisual cabe destacar a súa experiencia nos últimos anos no estudo de animación coruñés Dygra Films, desde onde participou na produción da longametraxe de animación en 3D El sueño de una noche de San Juan(2005), vendida a 65 países e galardoada co Premio Goya 2006 á mellor película de animación.

Desde o Departamento de Desenvolvemento coordinou e participou en distintos proxectos. As longametraxes de animación The Spirit of the Forest (estrea 2008), Holy Night! (estrea 2009), Asinus Aureus (estrea 2010); as curtametraxes experimentais de animación O Ollo de Vidro, O bufón e a Infanta; documentais como A Viaxe das Estrelas, entre outros, e longametraxes de imaxe re, como Negra Sombra (coprodución España/Arxentina).

En 2006 fundou a produtora independente Tic Tac Producciones, con sede na Coruña, desde onde desenvolve e produce longametraxes documentais e de ficción. Especializada en coproducións entre Europa e Latinoamérica, aposta por novos talentos de ambos os continentes.

Producións editar

  • ¿Qué culpa tiene el tomate? (Jorge Coira, Carolina Navas, Paola Vieira, Josué Méndez, Alejo Hoijman, Marcos Loayza e Alejandra Szeplaki, 2009). Longametraxe documental. Estreada no MOMA de Nova York. Actualmente en percorrido por festivais internacionais. Coprodución: España, Arxentina, Venezuela, Colombia, Perú, Brasil e Bolivia.
  • Agua fría de mar (Paz Fábrega, 2010), ficción. Coprodución: Costa Rica, Francia, España, México e Holanda.
  • 18 comidas (Jorge Coira, 2010), ficción. Vendida a varios países.
  • Tralas luces (Sandra Sánchez, estrea 2011), longametraxe documental. Actualmente posprodución. Coprodución: España, Portugal e a Arxentina.
  • Polvo (Julio Hernández, estreada en 2012), ficción. Actualmente (maio 2012) en fase de montaxe. Coprodución: España, Guatemala e Chile.
  • El río del olvido (Felipe Vega, estrea prevista en 2013), longametraxe documental. Guión: Julio Llamazares e Felipe Vega. En desenvolvemento.
  • Matavenero (Sandra Sánchez, estrea prevista en 2014), longametraxe documental. En desenvolvemeto.

Premios editar

Premio do Público e Premio Especial do Xurado no Festival de cine internacional de Ourense. Premio á mellor dirección no Festival de Taormina (Italia) 2010.

  • Agua fría de mar; Premio á mellor película (Tiger Award) no Festival de Rotterdam 2010. Participou na sección oficial nos Festivais Internacionais de Guadalajara, Festival BAFICI, Fribourg FF, entre máis de 45 festivais internacionais.
  • ¿Qué culpa tiene el tomate?; Premio á mellor longametraxe documental nos Premios Mestre Mateo 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar