Hair (musical)
Hair, subtitulada The American Tribal Love/Rock Musical, é unha ópera beat sobre a cultura hippie dos anos 1960 nos Estados Unidos, que trata de temas como o amor, a paz, a liberdade sexual ou o uso de drogas, polo que produciu certo impacto na época, xa que incluía, ademais, os espidos integrais de todos os actores e actrices nalgunhas escens.
Máis alá de todo isto, o musical Hair deixou algunhas das cancións máis coñecidas en todo o mundo até hoxe en día, como Aquarius ou Let the Sunshine in.
A obra foi orixinalmente escrita por James Rado e Gerome Ragni (letra), e Galt MacDermot (música).
As primeiras representacións, a xeito de proba, realizáronse en 1967 nun club chamado The Cheetah, para pasar a estrearse no Public Theater do off-Broadway o 17 de outubro de 1967 con bastante éxito, trasladándose despois ao Biltmore Theater de Broadway o 29 de abril de 1968, onde se mantivo durante 1.472 representacións.
A estrea en Londres produciuse o 27 de setembro de 1968, no Shaftesbury Theatre, tendo lugar 1.998 representacións até o peche forzado do teatro polo afundimento do teito en xullo de 1973. A obra representouse múltiplas veces en todo o mundo, e até os nosos días.
En 1979 estreouse unha película baseada no musical e co mesmo nome (Hair), dirixida por Miloš Forman e protagonizada por Treat Williams, Beverly D'Angelo e John Savage.
A banda sonora, tanto da obra teatral como da película, foi editada nos distintos formatos habidos desde a súa estrena.
Significación política e cultural
editarA obra desafiou muoitas das normas establecidas pola sociedade occidental daquela época, e causou gran controversia desde a súa estrena, xerando moita publicidade o final do Acto I, en que actores e actrices aparecían espidos no escenario.
Isto converteuse nunha cuestión legal cando a representación saíu de xira polos Estados Unidos, porque o espido teatral era aceptábel en Nova York daquela, pero era descoñecido noutros lugares. A obra tamén foi acusada nos tribunais por desprezo á bandeira estadounidense e polo uso de linguaxe obscena, chegando o caso até o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.
No Reino Unido a controversia xerada en torno ao musical significou o fin da censura nos escenarios teatrais do país.
Últimas producciones
editar- James Rado deu o seu beneplácito para unha posta ao día das letras de Hair para situala no contexto da guerra do Golfo de 2003, no canto da guerra de Vietnam, e a estrena tivo lugar o 12 de setembro de 2005 no Gate Theatre de Londres.
- O produtor orixinal Michael Butler colaborou coa La Guardia High School of Music & Art and Performing Arts de Nova York para lanzar unha produción de Hair en decembro de 2005.
- Volveu a estrearse en marzo de 2009 en Broadway, con Gavin Creel no papel de protagonista de Claude.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Hair en Internet Broadway Database (en inglés) Consultada o 2 de maio de 2012.
- Web sobre Hair de Michael Butler, o produtor da obra orixinal Arquivado 07 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 2 de maio de 2012.
- Letras das cancións de Hair (en inglés) Consultada o 2 de maio de 2012.