Instituto Galego de Consumo
organismo da Xunta de Galicia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Instituto Galego de Consumo (coñecido co acrónimo IGC) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1994 e adscrito á Consellería de Innovación e Industria.[2] A súa sede atópase en Santiago de Compostela.
Instituto Galego de Consumo | |
---|---|
Tipo | axencia gobernamental |
Data de fundación | 1994 |
Orzamento | 52.106 euros (ano 2014)[1] |
Organización matriz | Consellaría de Traballo e Benestar |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://consumo.xunta.gal/gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi creada en base á Lei 8/1994, do 30 de decembro ao abeiro das competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, e posteriormente foi modificada no ano 2003 pola Lei 9/2003 de medidas tributarias e administrativas, derrogando o artigo 9 e modificando o artigo 3.[3]
Lei 8/1994. Artigo 1.1 Créase o Instituto Galego de Consumo como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á Consellería que teña as competencias en materia de consumo.
Notas
editar- ↑ Consellería de Facenda (ed.). "Orzamento do Instituto Galego de Consumo" (PDF). Consultado o 1 de agosto de 2014.
- ↑ Consellería de Economía e Industria (ed.). "Instituto Galego de Consumo". Consultado o 1 de agosto de 2014.
- ↑ DOG (ed.). "Lei 8/1994, de creación do Instituto Galego de Consumo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2014.