Valderrei
Valderrei foi unha serie de televisión diaria producida por Zenit, emitida na TVG entre o 27 de febreiro e o 29 de xuño de 2007.
Valderrei | |
---|---|
Formato | Drama |
Dirixido por | Antón López Álex Sampayo |
Intérpretes | Mónica García Sheyla Fariña Darío Loureiro Antón Olmos Blanca Cendán Guillermo Carbajo Javier Rey Tamara Canosa Isabel Naveira Miguel Pernas Toño Casais María Louro Gonzalo Rei-Chao Xoán Carlos Mejuto |
País de orixe | Galicia |
Episodios | 90 |
Produción | |
Duración | 35 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 26 de febreiro de 2007 |
Derradeiro episodio | 29 de xuño de 2007 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os seus capítulos tiñan unha duración aproximada de 35 minutos. Era unha adaptación da serie catalá Ventdelplà, que se estreou en TV3 a principios de 2005.
Sinopse
editarValderrei conta a historia de Isa, unha muller de 40 anos, casada e con dous fillos, que despois de vivir moitos anos en Ferrol foxe dunha situación matrimonial crítica. Isa terá que refacer a súa vida no lugar onde ten as súas raíces, a pequena vila de onde procede a súa familia. En Valderrei, un lugar imaxinario que na realidade se situará entre Caldas de Reis e Padrón, a protagonista vivirá experiencias novas, fará amigos e inimigos e iniciará novas relacións.
Personaxes
editar- Mónica García, como Isa
- Sheyla Fariña, como Xandra
- Darío Loureiro, como Marco
- Antón Olmos, como David
- Blanca Cendán, como Marga
- Guillermo Carbajo, como Martiño
- Javier Rey, como Rafa
- Tamara Canosa, como Mónica
- Isabel Naveira, como Nuria
- Miguel Pernas, como Afonso
- Toño Casais, como Félix
- María Louro, como Esther
- Gonzalo Rei Chao, como Xaime
- Xoán Carlos Mejuto, como Carlos
- Orisel Gaspar Rojas, como Neila
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Valderrei en AVG
- Valderrei na IMDb (en inglés).