Fernando Iglesias Sánchez

Fernando Luís Iglesias Sánchez, máis coñecido polo alcume de Tacholas, nado en Ourense o 25 de agosto de 1909 e finado en Buenos Aires o 14 de maio de 1991, foi un actor galego, que desenvolveu a súa vida artística na emigración arxentina, onde se converteu nunha gran figura do teatro e participou en numerosas películas.

Fernando Iglesias Sánchez
Tacholas.jpg
Nacemento25 de agosto de 1909
Lugar de nacementoOurense
Falecemento14 de maio de 1991
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeArxentina e España
Ocupaciónactor
CónxuxeSabela
FillosClotilde
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa admiración polo cine veu porque o seu padriño, Julio Losada, era administrador do Cine Teatro Apolo de Ourense. Estudou no Colexio dos Maristas de Ourense. As súas inclinacións cara ao canto levárono a pertencer a diversas entidades corais, en especial a Coral de Ruada, onde comezaron as súas inquedanzas artísticas.

En 1929 emigrou á Arxentina, onde residían seus pais e súas irmás. En Bos Aires traballou nun obradoiro de fotografía e noutros empregos, ao tempo que se integrou na actividade cultural das sociedades galegas, en especial da Unión Provincial Oresana, da cal seu pai era tesoureiro.

 
Fotografía de Castelao dedicada a Tacholas.

En 1932, convidado por Manuel Núñez Búa, comezou a actuar na radio, comezando axiña a acadar sona entre a colectividade galega. Nesta época ten orixe o alcume de Tacholas. Durante a guerra civil participou en festivais dedicados a recadar fondos para axudar á causa republicana. Ao rematar o conflito bélico retomou o labor cultural. En 1941 fundou con Maruxa Boga a Compañía de Comedias Galegas Boga-Tacholas,[1] principal dinamizadora do teatro galego en Bos Aires xunto coa Compañía de Maruxa Villanueva. Tacholas participou na estrea da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Os vellos non deben de namorarse o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Buenos Aires, representando á Morte no primeiro lance e a Don Ramonciño no segundo.

En 1945, tamén con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui (1906-1985), fundou a audición radiofónica Recordando a Galicia, programa baseado nunha idea orixinal de Castelao. En 1953 inaugurou un novo programa radiofónico: La Voz de Galicia.

A finais dos anos cincuenta comezou a traballar no cine arxentino e integrouse en diversas compañías teatrais. No eido cinematográfico negouse de forma sistemática a interpretar papeis que ridiculizasen aos galegos, e participou en importantes producións como El crack, La Patagonia rebelde ou Camila. En 1970 integrouse nos elencos do Teatro Municipal General San Martín, levando a cabo tamén numerosas xiras polo interior do país e polo estranxeiro.

 
Tacholas, Maruxa Boga, Castelao, Alfredo Aróstegui e Enrique González, 1945.

Estivo fondamente integrado na colectividade emigrada galega, sendo membro da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Asociación Argentina de Actores, Centro Coruñés, Casa de Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, Centro Ourensán (do que foi vogal da comisión de cultura), Hogar Gallego para Ancianos (foi membro da súa directiva), a Irmandade Galega e a Sociedad General de Autores de la Argentina.

FilmografíaEditar

 
Maruxa Boga, Tacholas e Alfredo Aróstegui en Recordando a Galicia.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar