Roberto Pascual

dramaturgo, profesor e investigador teatral galego

Roberto Pascual Rodríguez, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1981, é un dramaturgo, profesor e investigador teatral galego.

Infotaula de personaRoberto Pascual

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , dramaturgo , catedrático Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 326 Dialnet: 1782564

Traxectoria editar

Doutor en Estudos da Literatura e da Cultura. Licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, cunha investigación sobre o teatro galego.[1]

Foi actor na Aula de Teatro da USC, onde traballou en cinco espectáculos dirixidos por Roberto Salgueiro. Publicou en revistas como Tempos Novos, Grial, Primer Acto, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, Artez, Escaramuza etc. Forma parte do consello de redacción de Madrygal, Revista de estudios gallegos da Universidade Complutense de Madrid e da Revista Galega de Teatro. Dirixe la colección Abrente de Teatro na editorial Difusora.[2]

Foi profesor colaborador de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade Complutense de Madrid, e profesor de galego no Espacio de las Lenguas Ibéricas y Prehispánicas do Instituto Cervantes. Tamén profesor e xefe de estudos da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia).[2][3]

En 2009, foi nomeado director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia onde recibiu premios como o Premio da Cultura Xunta de Galicia na Modalidade de Artes Escénicas 2013, Premio Bianual FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) 2014, Premio Rosa María Cano á Xestión Cultural Vinculada ás Artes Escénicas da Feira de Teatro de Castela e León 2017.[2]

Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación de Directores de Escena de España. Participou en multitude de congresos, foi xurado de premios teatrais e Membro da Comisión redactora do informe 'As artes escénicas en Galicia: situación e perspectivas', Consello da Cultura Galega, 2013.[1]

Traballa como divulgador cultural nos programas ZigZag da "TVG" e Diario Cultural da "Radio Galega",[3] ademais doutros medios dixitais.

Formou parte de diversas comisións e asesorías institucionais, como pode ser o Consello Artístico de Teatro do INAEM ou o Consello Estatal de Artes Escénicas e Musicais do "Ministerio de Cultura y Deporte". Tamén como asesor de Artes Escénicas para o "Cabildo de Tenerife", membro de comisións artísticas do "Centro Conde Duque" de Madrid, Fundación "SGAE" ou consultor e colaborador en informes e Comisións para o "Consello da Cultura Galega".

Recibiu o Premio Arenteira de Cultura 2017 na súa terra natal, "O Carballiño" e en 2021 obtivo o Premio Rafael Dieste, que convoca a "Deputación Provincial da Coruña".

 
Roberto Pascual (esquerda), Avelino González (centro) e Santi Prego na gala de entrega dos Premios María Casares do 2014.

Obras editar

Ensaio editar

Teatro editar

Obras colectivas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Roberto Pascual Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 León, Junta de Castilla y. "Roberto Pascual Rodríguez - Muestra Internacional de Teatro de Ribadavia". cultura.jcyl.es (en castelán). Consultado o 2022-08-08. 
  3. 3,0 3,1 Guerrero Alfaro, Sara (26 de xullo de 2019). "Roberto Pascual: "Non mudaremos o mundo cun festival, pero podemos incidir en certas dinámicas e crear titulares incómodos para os grupos de poder”". elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  4. "Roberto Vidal Bolao e os oficios do teatro Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-08-08. 
  5. Domínguez Dapena, Cristina (abril, maio, xuño 2022). "A viaxe de Shopie". Grial LX (234): 101–102. ISSN 0017-4181. 
  6. Roldán, Candela F. (18 de abril de 2023). "Roberto Pascual, dramaturgo: «Hai que deixar de dulcificar a prostitución e falar da realidade que temos no portal do lado»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2023.