Gerardo Harguindey

político galego

Gerardo Harguindey Banet, nado en Lugo o 29 de maio de 1937 e finado en Madrid o 25 de setembro de 1998, foi un político galego.

Infotaula de personaGerardo Harguindey
Biografía
Nacemento29 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Deputado na Asemblea de Madrid
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsHenrique Harguindey Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmán máis vello do tradutor Henrique Harguindey, estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas de Lugo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1964. Foi Subsecretario do Ministerio de Traballo (1977-1980), Conselleiro didáctico (1964) e Vicesecretario Xeral do Instituto Social da Mariña, delegado Provincial (1965-1970), director dos Servizos Provinciais de Madrid ata 1971 cando foi nomeado Vicesecretario xeral. Foi asesor da delegación gobernamental española nas Reunións Marítimas da Conferencia Internacional de Traballo (Xenebra 1970 e 1976).

Na transición foi membro do Partido Socialdemócrata, incorporado na UCD. Pola formación centrista foi escollido senador por Lugo nas cámaras constituíntes (1977-1979). Ao cesar como senador continuou vinculado ao goberno como subsecretario de Traballo e foi presidente da xestora da UCD na provincia de Lugo.[1] Anos máis tarde, trala disolución da UCD, foi deputado do Centro Democrático y Social na Asemblea de Madrid (1987-1991), senador do CDS por Madrid (1989-1991). Foi presidente rexional de Madrid do CDS. Finou en Madrid o 25 de setembro de 1998.[2]

Recoñecementos editar

Ten unha rúa en Celeiro ao seu nome.[3]

Vida persoal editar

Casou con María Regla Valero Bolaño e foi pai de María, Cristina, Carmina, Gerardo, Jorge e Almudena Harguindey Valero.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar