Cyrano de Bergerac
Savinien Cyrano de Bergerac, nado en París o 6 de marzo de 1619 e finado en Sannois o 28 de xullo de 1655, foi un escritor francés. Foi contemporáneo de Molière. Morreu aos 36 anos como consecuencia das feridas que lle causou unha viga ao caerlle encima.
Cyrano de Bergerac | |
---|---|
Nome completo | Hercule Savinien de Cyrano |
Nacemento | c. 6 de marzo de 1619 e 1619 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 28 de xullo de 1655 e 1655 |
Lugar de falecemento | Sannois |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Louis-le-Grand |
Ocupación | dramaturgo, poeta, escritor, filósofo, escritor de ciencia ficción e novelista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Biografía editar
Era fillo dun avogado do parlamento e pasou a maior parte da súa infancia en Saint-Forget. Trasladouse a vivir a París e alí discorreu case toda a súa vida.
Logo de retirarse da vida de soldado tras recibir unha ferida durante o sitio de Arras, dedicouse á filosofía facéndose discípulo de Pierre Gassendi.
A influencia da escola materialista percíbese principalmente nas súas obras filosóficas: A Historia Cómica dos Estados e Imperios da Lúa e A Historia Cómica dos Estados e Imperios do Sol, publicadas postumamente nos anos 1657 e 1662 respectivamente.
Na actualidade é máis coñecido pola obra Cyrano de Bergerac de Edmond Rostand, na que se narra unha época da súa vida, que polas súas propias obras. Esta peza foi levada varias veces ao cine, o que deu a coñecer aínda mais a Cyrano.
Obras editar
- Les Entretiens pointus - 1652
- Agripina (La mort d'Agrippine) - 1653
- Lettres - 1654
- Le Pédant joué - 1654
- L'autre monde ou les états et empires de la Lune - 1657
Traducións ao galego editar
En galego están traducidas as obras Os Estados e Imperios da Lúa e Os Estados e Imperios do sol por Henrique Harguindey[1] en Rinoceronte Edicións.
Notas editar
- ↑ Harguindey, Henrique (14 de xaneiro de 2021). Henrique Harguindey: "Cyrano viaxaba a outro mundo para desde alí reflectir a contra deste". Nós Diario. Entrevista con Ana Triñáns. Consultado o 15 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cyrano de Bergerac |