A galiña azul (libro)

obra literaria de Carlos Casares

A galiña azul é unha obra narrativa de literatura infantil de Carlos Casares. Foi unha das primeiras obras editadas en galego dirixidas a un público infantil.[1][2] Porén, Casares emprega o texto, baixo a aparencia sinxela de conto infantil, para reflexionar sobre a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza e a favor da diversidade social.[1][2] O libro componse de cinco pequenas historias entrelazadas, con compoñentes de costumismo literario mesturados con elementos clásicos dos contos de fadas, nas que teñen protagonismo animais e homes de carácter entrañable.[1][2]

A galiña azul (libro)
Autor/aCarlos Casares
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Xénero(s)conto
Data de pub.1968
editar datos en Wikidata ]

Foi gañadora do I Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968 e publicada o mesmo ano por Galaxia na colección "Tartaruga".[3] Foi traducida ao ucraíno en 1987 por Myhajlo Lytvynec.[4]

Contido do libro editar

Os contos foron escritos para unha rapaza de sete anos chamada Ana que marchou cos seus pais a Cantabria, para que non esqueza as súas orixes galegas. Esta intención queda patente en varias frases da carta introductoria:

«Cando subiches ó coche, eu díxenlle á túa nai: Que non se esqueza nunca de que é galega «Mentres non volves, mándoche estes contos, escritos na túa lingua, para que ao escoitar estas palabras poidas relembrar aquelas outras ditas por aquela vella campesiña que viña do dentista de arrincar unha moa: “¡Ai, que nena tan bonita! Parece unha mazá”.»

O libro está salpicado de momentos nos que Carlos Casares tenta reflexionar contra a intolerancia e a diversidade. Proba diso é o conto que dá título ao libro, que comenza:

«Estes días anda o pobo un pouco alborotado. ¿Acórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na compaña dun can pequeniño de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco con cinco plumas roxas na ala dereita. É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puso dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademáis non di cacaracá como as outras galiñas senón que di cocorocó. E esto ten preocupadas ás autoridades.»

Estrutura do libro editar

O libro está formado por cinco pequenas historias entrelazadas entre si:[2]

  • "O peixe da fonte do xardín"
  • "A bomba da felicidade"
  • "A galiña azul"
  • "A formiga esquiadora"
  • "O final da historia da galiña azul"

O texto das historias está acompañado por ilustracións de catro rapaces irmáns: Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso, fillos de Ricardo García Suárez (Xohán Ledo).[2]

Adaptacións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "A galiña azul". Fundación Carlos Casares. Consultado o 2019-11-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Casares, Carlos (1979). A galiña azul (3ª edición ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 847154122X. 
  3. "A galiña azul. Imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  4. "Hlopčyk, jakyj prynosyt' ščastja". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  5. "La adaptación teatral de 'A galiña azul' de Casares recorrerá 21 municipios gallegos hasta finales de abril". 20 minutos (en castelán). 2017-03-09. Consultado o 2019-11-16. 
  6. "La Gallina Azul". Tanxarina títeres (en Castelán). Consultado o 2019-11-16. 
  7. "«A galiña azul» tiene su versión con títeres". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-15. Consultado o 2019-11-16. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar