Entroido Quente

festa celebrada en Maceda

O Entroido Quente é unha festa celebrada na vila de Maceda a finais do mes de xullo. Está organizada pola Asociación O Cruceiro. Trátase dunha especie de entroido, pero en verán.

Concerto na festa do Entroido Quente na vila de Maceda


Historia editar

A festa xorde coa creación dunha asociación xuvenil en Maceda. Ao principio, o Entroido Quente ía ser unha guerra de globos pero precisábanse recursos dos que a asociación non dispuña. Co tempo, xurdiu a idea de celebrar un entroido no verán. No comezo contaban con pouco presuposto para levar a cabo esta proposta e decidiron facer unha serie de probas pola vila, que máis tarde pasarían a chamarse Rally do Humor. Ao remate destas probas realizábase un concerto. O Entroido Quente foi crecendo en asistentes e actividades ata os días de hoxe.

Descrición editar

Comeza ás cinco da tarde co chamado "Chupinazo de saída", que dá lugar á realización dunha serie de probas por toda a vila chamadas Rally do Humor. As persoas participantes, por equipos, teñen que atopar o sitio do que se lles fala mediante unha pista para así poder realizar a proba. Os dous equipos que máis puntuación obteñan pasan a unha final e o gañador obtén a vitoria no Rally do Humor.

Ao finalizar estas probas, unha charanga anima as rúas da vila e á noite celébranse entre dous e tres concertos no recinto da festa.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar