Charanga
Unha charanga, murga ou fanfarra[1], é unha agrupación musical formada por instrumentos de percusión, vento-metal e vento-madeira que adoita realizar actuacións ao aire libre.
Charanga | |
---|---|
A gaiteira Aurea Rodríguez xunto aos músicos dunha charanga. | |
Instrumentos típicos | Instrumentos de vento-metal Instrumentos de vento-madeira Instrumentos de Percusión |
Outros nomes | Murga Fanfarra |
Características
editarAs charangas xurdiron en Galiza a comezos do século XX influenciadas pola aparición das bandas de música. As bandas substituíron nas preferencias do público á tradicional figura do gaiteiro acompañado de tambor, o seu éxito introduciu na música popular galega novos instrumentos como: o bombo, o clarinete, o requinto ou o saxofón. A mestizaxe entre as novas tendencias musicais e as xa presentes orixinou a creación de novedosas agrupacións de músicos. Naceron así, entre outros, o moi popular cuarteto de gaita, clarinete, caixa e bombo, e a charanga, onde os gaiteiros tocaban xunto a saxofonistas e clarinetistas.[2]
A composición da charanga varía en función dos músicos. Normalmente están constituídas por bombo e caixa como instrumentos de percusión e diferentes instrumentos de vento: saxofón, trompeta, trombón, clarinete, gaita,etc. O número de músicos e menor que nas bandas, o que lles concede unha maior versatilidade e uns requirimentos económicos máis reducidos.[3] Por estes motivos as charangas acostuman ser contratadas polas comisións de festas para a animación de todo tipo de seráns, marchas, festas patronais ou procesións relixiosas[4].
Notas
editar- ↑ "Definición da palabra: fanfarra". Portal das Palabras. Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » As bandas populares". Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » O gaiteiro". Consultado o 2021-03-08.
- ↑ Fanfarria Taquikardia - Procesión Herexe (A las barricadas / Coche fantástico). Youtube. 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Ligazóns externas
editar- Charanga de Xacarandaina - Asociación Cultural Xacarandaina (2016) - Youtube.
- Charanga os Breas - TVG (Alalá nº 156 - 2010)
- Charanga Manca na cheda - TVG (Alalá nº 127 - 2009)