Airas Nunes

trobador medieval galego

Airas Nunes ou Ayras Nunez de Santiago foi un clérigo e trobador do século XIII nado moi probablemente en Galicia, máis concretamente compostelán[1].

Airas Nunes
Nacemento1230
Lugar de nacementoReino de Galicia
Falecemento1305
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupaciónpoeta, compositor e escritor
Na rede
Bitraga: 3314 Musicbrainz: 028326a5-bc09-4eb5-8baa-64671ad34cd9 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vida e obra editar

Estivo ao servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castela. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como don Dinís, Afonso X, Johan Zorro e Nuno Fernandes Torneol.

Pénsase[2] que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio, mais non se pode confirmar nin negar con rotundidade este feito. É moi coñecida a súa cantiga Bailemos nós ja todas tres, ay amigas ou Bailada das Avelaneiras, que segue unha composición de Johan Zorro, parafraseando a primeira estrofa:

Bailemos nós já todas três, ai amigas,
sô aquestas avelaneiras frolidas;
e quen for velida, como nós, velidas,
se amigo amar,
sô aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.
Bailemos nós já todas três, ai irmanas,
sô aqueste ramo destas avelanas;
e quen for louçana, como nós, louçanas
se amigo amar,
sô aqueste ramo destas avelanas
verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos,
sô aqueste ramo frolido bailemos;
e quen ben parecer, como nós parecemos,
se amigo amar,
sô aqueste ramo sô-l’ que nós bailemos
verrá bailar.

Atribúeselle o primeiro romance en lingua galega, que data do século XIII[3]:

Desafiar enviaron
ora de Tudella
fillos de don Fernando
el Rey de Castela,
e dise el Rey logo:
ide alá Don Vella.

Notas editar

  1. "Airas Nunes". Xacopedia. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  2. NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416
  3. "Gaiferos de Mormaltán". Xacopedia. Consultado o 10 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • TAVANI, Giuseppe, Le poesie di Ayras Nunez, Milán, UgoMerendi Editore, 1964.
  • TAVANI, Giuseppe, A poesía de Airas Nunez, Vigo, Editorial Galaxia, 1992.
  • NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416

Ligazóns externas editar