Bailada
A bailada ou bailía é un subxénero da cantiga de amigo consistente nunha composición destinada ó baile. Segue unha estrutura paralelística, apropiada para a súa dramatización por un grupo de rapazas.
A protagonista ou cantadeira entoa as principais cobras (ou estrofas), mentres que as restantes raparigas, formando unha especie de coro, entoan o refrán (ou estribillo).
Unha das bailadas máis famosas foi composta por Airas Nunes: Bailemos nós já todas três, ai amigas.
Hai outro exemplo dunha bailada, mais neste caso neotrobadoresca: María Balteira, da saya çintada, de Xosé María Álvarez Blázquez
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). Diccionario da literatura galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Editorial Galaxia. p. 37. ISBN 84-8288-656-8.
Ligazóns externas
editar- Exemplos de bailadas (en portugués)