Santiso, Maceda
Santa María de Santiso é unha parroquia do concello de Maceda. No ano 2008 tiña 36 habitantes.
Santiso | |
---|---|
Cabaceiros con neve en Santiso. | |
Concello | Maceda[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°14′42″N 7°33′14″O / 42.24508716, -7.55375264 |
Poboación | 46 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada a carón da Serra de San Mamede, ao leste da vila de Maceda. Para achegarse a Santiso é preciso coller a estrada que sae de Maceda cara ás piscinas e percorrer uns 9 km en dirección a Serra de San Mamede, pasando Tioira e Xinzo da Costa.
Historia
editarOs primeiros documentos nos que aparece Santiso datan da primeira metade do século XII, nun diploma de 1142 no que Afonso VII fai doazón do seu reguengo de "Sancti Thyrsi sub monte Coto" a Velasco Suárez. No ano 1276 pasa a mans do mosteiro de Santa María de Montederramo onde aparece nun documento con nome de Santisu. Daquelas, era unha pequena aldea empregada como casal para abastecer de castañas e patacas os frades do mosteiro de Montederramo. Os frades para ter un control máis directo dos seus vasalos fundaron o priorado de Santiso, vixente ata a desamortización de Mendizábal, o cal aínda se pode observar nas paredes dunha casa do lugar.
Logo que o abade do mosteiro de Montederramo Frei Raimundo González tivese que entregar o cenobio ó goberno liberal no ano 1820, foi apresado e axustizado nos chans de Maceda xunto a quince persoas mais, entre elas cinco cregos (13 de agosto de 1823). Así pois, a desamortización de Mendizabal fixo que as terras dos frades fosen repartidas entre os campesiños, e o priorado pertenceu dende eses anos a familias da aristocracia castelá. Hoxe, o priorado é unha casa privada na cal se fan reformas sen control e sen conciencia dos seus máis de 500 anos de historia.
Economía
editarA xente que vive en Santiso dedícase principalmente á agricultura, aínda que algúns deles traballan noutras actividades na vila de Maceda ou mesmo en Ourense e Xinzo de Limia.
No ano 2005 remataron as obras da Casa do Pobo, casa que foi mercada en comunidade pola maioría das persoas que viven en Santiso, ou ben adoitan pasar alí as vacacións. As festas populares celébranse ao redor do 15 de agosto.
Lugares e parroquias
editarLugares de Santiso
editarLugares da parroquia de Santiso no concello de Maceda (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Maceda
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- web-blog de Santirso Arquivado 01 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.