Victoria Núñez López
María Victoria Núñez López, nada en Ourense en 1975, é unha funcionaria e política galega do Partido Popular de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (49/50 anos) Ourense, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade San Pablo CEU |
Actividade | |
Ocupación | funcionaria pública (2003–), política |
Empregador | Xunta de Galicia |
Familia | |
Pai | Vitorino Núñez |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade San Pablo CEU. Dende 2003 é funcionaria da Xunta e pasou por varias consellerías. É presidenta da xestora local do PP en Ourense. En febreiro de 2024 foi candidata pola provincia de Ourense nas eleccións de 2024, resultando elixida deputada autonómica.[1]
Vida persoal
editarÉ filla do avogado e político Vitorino Núñez.
Notas
editar- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victoria Núñez López |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Reinero, David (8/10/2023). "Sae o fillo de Baltar, entra a filla de Victorino". Praza.gal.