Presidencia do Parlamento de Galicia

presidente do Parlamento de Galicia

A Presidencia do Parlamento de Galicia é exercida polo deputado que preside o Parlamento de Galicia e ten a representación da cámara lexislativa da Xunta de Galicia. De acordo coas normas de protocolo e cerimoniais no eido da Xunta ocupa o segundo na orde de precedencia das autoridades, xusto despois do presidente da Xunta de Galicia. Alén da representación da Cámara, entre as súas funcións está a de asegurar a boa marcha dos traballos, dirixir os debates, manter a orde dos mesmos e ordenar os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.[1] Miguel Ángel Santalices é o presidente do Parlamento de Galicia dende xaneiro de 2016.[2]

Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia dende xaneiro de 2016.

Competencias editar

Elección editar

O presidente é electo pola maioría dos votos dos deputados. Cada deputado debe escribir un único nome para votar, se un candidato suma a maioría absoluta será elixido. De non ser o caso, farase unha nova votación no que os deputados e deputadas deben escoller entre os dous candidatos máis votados na anterior, sendo finalmente escollido aquel que obteña máis votos.

Constitución da Cámara editar

Na sesión constitutiva do Parlamento, efectuada a votación, o presidente electo presta xuramento e solicítallo ao os demais deputados o xuramento ou a promesa de acatar e gardar fidelidade á Constitución e o Estatuto de Autonomía. Unha vez constituído o Parlamento, correspóndelle ao seu presidente comunicalo a el-rei, ao Senado de España, o presidente do Goberno de España e ao Presidente da Xunta en funcións.

Funcións ordinarias editar

Segundo o regulamento da Cámara, o presidente representa o Parlamento ademais de asegurar o axeitado desenvolvemento das súas tarefas, dirixe os debates, mantén a orde destes e ordena os pagamentos. É membro da Mesa do Parlamento e é o encargado se presidila e coordinala. Ademais, correspóndelle presidir tanto a Xunta de Portavoces e como a Deputación Permanente, tamén pode convocar e presidir calquera das comisións parlamentarias, se ben só ten dereito de voto naquelas das que forme parte.

Investidura do presidente da Xunta editar

Dentro dos 30 días seguintes á constitución do Parlamento ou do cesamento do presidente da Xunta, o presidente do Parlamento debe reunirse cos representantes dos grupos parlamentarios coa finalidade de coñecer o deputado que conta co maior número de apoios. Unha vez feito, o presidente do Parlamento propón ao pleno un candidato, quen pronunciará un discurso ante a Cámara e solicitará a confianza da mesma. De conseguilo, o presidente do Parlamento debe comunicarllo a el-rei para o nomeamento do novo presidente da Xunta mediante un Real Decreto que conta tamén coa sinatura do presidente do Goberno de España.

Presidentes do Parlamento de Galicia editar

 
sinmarco
Presidentes do Parlamento de Galicia
Lexislatura Presidente/a Partido Comezo de mandato Fin de mandato
I lexislatura[3] Antonio Rosón Pérez   UCD 12 de decembro de 1981 17 de decembro de 1985
II lexislatura[4] 17 de decembro de 1985 13 de maio de 1986
Tomás Pérez Vidal   CP 13 de maio de 1986 16 de xaneiro de 1990
III lexislatura[5] Victorino Núñez Rodríguez   PPdeG 16 de xaneiro de 1990 16 de novembro de 1993
IV lexislatura[6] 16 de novembro de 1993 18 de novembro de 1997
V lexislatura[7] José María García Leira 18 de novembro de 1997 20 de novembro de 2001
VI lexislatura[8] 20 de novembro de 2001 18 de xullo de 2005
VII lexislatura[9] María Dolores Villarino Santiago   PSdeG 18 de xullo de 2005 1 de abril de 2009
VIII lexislatura[10] Pilar Milagros Rojo Noguera   PPdeG 1 de abril de 2009 16 de novembro de 2012
IX lexislatura[11] 16 de novembro de 2012 26 de xaneiro de 2016
Miguel Ángel Santalices Vieira 26 de xaneiro de 2016 21 de outubro de 2016
X lexislatura[12] 21 de outubro de 2016 7 de agosto de 2020
XI lexislatura 7 de agosto de 2020 18 de marzo de 2024
XII lexislatura 18 de marzo de 2024 No cargo

Notas editar

  1. Reglamento del Parlamento de Galicia[Ligazón morta].
  2. "Santalices, reelegido presidente del Parlamento con los votos del PPdeG". 20 minutos (en castelán). Europa Press. 21 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  3. "Composicións anteriores: Lexislatura I (1981)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  4. "Composicións anteriores: Lexislatura II (1985)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  5. "Composicións anteriores: Lexislatura III (1989)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  6. "Composicións anteriores: Lexislatura IV (1993)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  7. "Composicións anteriores: Lexislatura V (1997)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  8. "Composicións anteriores: Lexislatura VI (2001)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  9. "Composicións anteriores: Lexislatura VII (2005)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  10. "Composicións anteriores: Lexislatura VIII (2009)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  11. "Composicións anteriores: Lexislatura IX (2012)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de novembro de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  12. "Composicións anteriores: Lexislatura X (2016)" (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar