Abrir o menú principal

Tomás Pérez Vidal, nado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1954, é un político galego.

Tomás Pérez Vidal
Nacemento21 de decembro de 1954
 Carballeda de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e con coñecementos de Dereito pola Universidade María Cristina de El Escorial. Foi Subdirector xeral de Xestión Económica da Xunta de Galicia (1982) e Director xeral de Relacións Institucionais (1983-1985). Elixido deputado do Parlamento de Galicia na I e II lexislatura, en 1985 foi elixido Vicepresidente do Parlamento. Foi presidente do Parlamento de Galicia, logo da morte do seu antecesor Antonio Rosón Pérez, entre o 13 de maio de 1986 e o 16 de xaneiro de 1990. Foi designado senador pola Comunidade Autónoma de Galicia na IV Lexislatura (1989). Foi concelleiro en Ourense logo das eleccións de 1991, deputado provincial na Deputación de Ourense e ao pouco de ser nomeado conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes en 1991, abandonaría o seu asento no Senado. Continuaría de conselleiro ata 1997, cando foi substituído por Cástor Gago.


Predecesor:
Antonio Rosón Pérez
 Presidente do Parlamento 
1986–1990
Sucesor:
Vitorino Núñez
Predecesor:
José Manuel Romay Beccaría
  
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes
 
1991–1997
Sucesor:
Cástor Gago

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar