Consellería do Medio Rural
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.
Consellería do Medio Rural | |
---|---|
![]() | |
Tratamento | Excelentísimo señor |
Ámbito | Comunidade Autónoma de Galicia |
Designado por | Presidencia da Xunta |
Duración | Catro anos, sen límite de mandatos |
Creación | outubro de 2015 (como tal) |
Primeiro titular | Alfredo Suárez Canal |
Sitio web | mediorural.xunta.gal |
HistoriaEditar
A consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012. Non obstante, en 2015 a Consellería divídese en "Consellería do Medio Rural" dirixida por Ángeles Vázquez e a Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana.
ConselleirosEditar
- Jaime Rey de Roa (1982-1984). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
- Fernando Garrido Valenzuela (1984-1986). A partir de 1985, como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación e uns meses despois, como conselleiro de Agricultura.
- Ángel Ruiz Fidalgo (1986-1987).
- Francisco Sineiro (1987-1990).
- Xosé Manuel Romay Beccaría (1990-1991). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal.
- Tomás Pérez Vidal (1991-1997). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
- Cástor Gago (1997-2001). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
- Xoán Manuel Diz Guedes (2001-2004). A partir de 2001, uns meses máis tarde, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
- José Antonio Santiso Miramontes (2004-2005).
- Alfredo Suárez Canal (2005-2009). Como conselleiro de Medio Rural.
- Samuel Juárez (2009-2012).
- Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.
- Ángeles Vázquez Mejuto (2015-). Como conselleira de Medio Rural.
- Rosa Quintana (2015-). Como conselleira do Mar.
Estrutura internaEditar
Secretarías e direccións xeraisEditar
Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, a consellería do Medio Rural e do Mar conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:
- Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes: Tomás Fernández-Couto
- Dirección xeral de Produción agropecuaria: José Álvarez Robledo
- Dirección xeral de Desenvolvemento rural: Antonio Crespo Iglesias
- Secretaría Xeral de Mar: Juan Carlos Maneiro Cadillo
- Dirección xeral de Desenvolvemento pesqueiro: Susana Rodríguez Carballo.
Entes asociadosEditar
- Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño
- Portos de Galicia
- Servizo de Gardacostas de Galicia
- Fondo Galego de Garantía Agraria
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
- Instituto Galego de Calidade Alimentaria
Outros entesEditar
- Bantegal, que xestiona o Banco de Terras de Galicia