Miguel Santalices
Miguel Ángel Santalices Vieira, nado en Bande o 17 de marzo de 1955, é un médico e político galego. Militante do Partido Popular de Galicia, desde 2016 é o Presidente do Parlamento de Galicia.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1955 (69 anos) Bande, España |
7º Presidente do Parlamento de Galicia | |
26 de xaneiro de 2016 – ← Pilar Rojo | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
19 de outubro de 1997 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - medicina, Cirurxía EADA Business School - Mestrado |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarLicenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola d'Alta Direcció i Administració de Cataluña (EADA), diplomado en Dirección Hospitalaria e en Sanidade e máster en Saúde Pública. Diploma de directivo da Xunta de Galicia.
É funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi director dos ambulatorios de Vigo, director do Hospital Psiquiátrico de Toén, director do Hospital Xeral de Vigo e director do Hospital de Ourense. Foi tamén profesor colaborador da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense.
É membro do Comité Executivo Provincial do Partido Popular de Ourense e secretario executivo de Servizos Sociais; é deputado no Parlamento de Galicia desde a V lexislatura. Foi vicepresidente da Cámara na V e VIII lexislaturas –en substitución de Celso Delgado e José Manuel Baltar Blanco, respectivamente–, portavoz de Sanidade na VI e VII lexislaturas e portavoz suplente na V, ademais de vogal e presidente de diversas comisións; vicepresidente do Parlamento de Galicia e portavoz de Sanidade do Grupo Popular na IX Lexislatura ata a súa elección como presidente do Parlamento de Galicia, o 26 de xaneiro de 2016. Substituíu na Presidencia da Cámara a Pilar Rojo[1].
Foi reelixido presidente do Parlamento de Galicia na Sesión Constitutiva da X Lexislatura, celebrada o día 21 de outubro de 2016.
Notas
editar- ↑ "Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento", Praza Pública, 25 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Santalices |
Bibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Ficha en galegos.info