Pilar Rojo
Pilar Milagros Rojo Noguera, nada na Coruña o 23 de febreiro de 1960, é unha política galega militante do PPdG.
Pilar Milagros Rojo Noguera | |
![]() Pilar Rojo en febreiro de 2017. | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de xaneiro de 2016 | |
1 de abril de 2009 – 12 de xaneiro de 2016 | |
Precedido por | Dolores Villarino |
Sucedido por | Miguel Santalices |
20 de novembro de 2001 – 12 de xaneiro de 2016 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 23 de febreiro de 1960 (63 anos) A Coruña, Galicia |
Partido | Partido Popular de Galicia |
Profesión | Arquitecta |
Alma máter | Universidade da Coruña |
Na rede
| |
![]() ![]() |
Traxectoria Editar
É licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. En 1990 e ata 1996 exerceu como arquitecta da Facenda Pública na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra. En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que ocupou ata finais de 2001.[1]
No ano 2001 foi elixida deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, cargo para o que foi reelixida nas VII e VIII lexislaturas. O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005.
Após as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, foi elixida presidenta do Parlamento de Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse en terceiro lugar pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. En xaneiro de 2016 foi substituída na Presidencia do Parlamento Galego por Miguel Santalices[2]. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra, sen obter escano. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano, desa volta con éxito.
Notas Editar
- ↑ "Monográfico: Pilar Rojo.". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ "Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento", Praza Pública, 25 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Rojo |
Outros artigos Editar
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
Predecesor: Dolores Villarino |
Presidenta do Parlamento de Galicia 2009–2016 |
Sucesor: Miguel Santalices Vieira |