Antonio Rosón

avogado e político galego
(Redirixido desde "Antonio Rosón Pérez")

Antonio Rosón Pérez, nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, foi un avogado galego, primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Tamén foi o primeiro presidente da Caixa Rural de Lugo ata o seu falecemento.

Antonio Rosón Pérez
Medalla de Galiza.svg
Nacemento8 de xuño de 1911
Lugar de nacementoBecerreá
Falecemento19 de agosto de 1986 e abril de 1986
Lugar de falecementoLugo e Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónavogado e político
IrmánsJuan José Rosón e Eduardo Rosón Pérez
CargosPresidente da Xunta de Galicia (1977- 1979)
PremiosGran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola e Medalla de Ouro de Galicia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

No franquismoEditar

Fillo maior do farmacéutico de Becerreá, Eulogio Rosón López. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo, estudando logo en Santiago de Compostela e Oviedo, rematando por licenciarse en Dereito pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa vida profesional en Lugo ao abeiro do seu tío Eduardo Rosón López. Na altura da sublevación do 18 de xullo de 1936, Antonio Rosón ingresou na Falanxe[1] e no Exército golpista co grao de alférez, encargándose de labores represivos na provincia lucense, segundo acusacións posteriores da revista Interviú. Logo participou intensamente na vida política do franquismo. Foi delegado provincial de educación popular da Falanxe de Lugo[1], subxefe provincia de FET y de las JONS, procurador nas Cortes en representación do denominado "Tercio familiar" pola provincia de Lugo, durante a IX e a X Lexislatura; presidente da Deputación Provincial de Lugo entre 1949 e 1951; presidente da Cámara provincial Agraria desa provincia. Aínda foi vicedecano do Colexio de Avogados de Lugo; presidente da Comisión de Agricultura do Consello Económico e Sindical do Noroeste de España e conselleiro de FRIGSA, Frigoríficos Industriales de Galicia, S.A.

DemocraciaEditar

Logo da constitución da Xunta preautonómica (1977), a UCD, partido maioritario en Galiza, rexeitou a posibilidade de que un galeguista histórico a presidise. Despois de ter barallado a opción de situar como presidente a Pío Cabanillas Gallas, finalmente optou por nomear a Antonio Rosón, que fora un dos fundadores de Alianza Popular en Galicia, aínda que deseguido se afastou dela.

Rosón impulsou o denominado Estatuto dos dezaseis, aberto a todas as forzas políticas, incluídas as extraparlamentarias como o Partido Galeguista recentemente reconstituído e o Partido Obreiro Galego. Porén, o intento do entón presidente do Goberno, Adolfo Suárez, para aprobar un estatuto cun conxunto de competencias inferior aos do País Vasco e Cataluña, provocou un gran malestar na comunidade galega, ao que se sumaría unha parte da UCD local e o mesmo presidente da Xunta preautonómica, Antonio Rosón, quen tentaba involucrar a unha parte do nacionalismo no proceso de creación da autonomía e foi el quen outorgou ao 25 de xullo o carácter de Día Nacional de Galicia. A UCD decidiu substituílo e, en 1979, Xosé Quiroga foi nomeado novo presidente da Xunta de Galicia.

Desfeita a UCD, Rosón uniuse ao Partido Liberal coaligado con Alianza Popular, atinxindo aínda a ser presidente do Parlamento de Galiza na I lexislatura (1981-1985) e na súa segunda lexislatura entre 1985 e 1986, sendo substituído, pola súa mala saúde, o 13 de maio dese último ano por Tomás Pérez Vidal.

Rosón foi tamén Deputado por Lugo (1977-1979) e mais Senador tamén por Lugo (1979–1982)

Foi membro de número da Real Academia Galega de Lexislatura e Xurisprudencia. Estaba na posesión da Gran Cruz del Mérito Agrícola.

Obra publicadaEditar

Rosón publicou obras fundamentalmente dedicadas a temática agraria desde perspectiva xurídica. A destacar:

  • Ordenación jurídico-agraria de Gaicia (1949).
  • Concentración parcelaria e patrimonio familiar. Bases de la revolución agraria gallega (1952).

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Villanueva Gesteira, María Dolores (2015). A editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963. Santiago de Compostela: USC. p. 156. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2011): "Rosón Pérez, Antonio" en Diccionario Biográfico Español, Madrid: Real Academia de la Historia.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Eduardo García Rodríguez
  
Presidente da Deputación de Lugo
 
1949–1951
Sucesor:
Rafael Sarandeses Pérez


Predecesor:
Ninguén
  
Presidente da Xunta de Galicia
 
19771979
Sucesor:
Xosé Quiroga Suárez


Predecesor:
Ninguén
 Presidente do Parlamento de Galicia 
1981–1986
Sucesor:
Tomás Pérez Vidal