Senado de España

(Redirección desde «Senado español»)

O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.

Senado
XIV lexislatura
Datos xerais
ÁmbitoEspaña España
Creación1977
TipoCámara Alta das Cortes Xerais
Inicio de sesións19 de xullo de 2016
Liderado
PresidentePilar Llop (PSOE)
desde o 3 de decembro de 2019
VicepresidenteCristina Narbona (PSOE)
Composición
Membros265 senadores
SpainSenateDiagram2019-Nov.svg
Grupos representados

     PSOE      PP      ERC-S      EAJ-PNV

     NA+

     JxCAT      Vox      TE      ASG

     EH Bildu
Salario700437518000000000037.518 €
Título III da Constitución
Eleccións
Sistema electoralEscrutinio maioritario plurinominal parcial con listas abertas
Última elección10 de nov. de 2019
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Palacio del Senado
Praza de la Marina Española, Madrid
Sitio web
www.senado.es
Palacio do Senado

Antecedentes

editar

O Senado ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estableceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.

O Estamento dos Próceres do Reino tiña unha composición mixta, con membros natos tales como os fillos do rei e os Grandes de España e membros de nomeamento real, limitado a individuos de clase, polo que quedaba unha cámara cuxa natureza correspondía en esencia á representación dos nobres e a xerarquía eclesiástica nas Cortes do Antigo Réxime.

A Constitución de 1837, aprobada como consecuencia dun motín que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleu por primeira vez a denominación de «Senado» para a Cámara Alta das Cortes Xerais. O seu primeiro presidente foi José María Moscoso de Altamira, conde de Fontao.

Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 o Senado figurou como Cámara Colexisladora, en pé de igualdade co Congreso dos Deputados, agás, nalgúns casos, en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público, e ademais tivo en determinadas ocasións reservada a facultade de xulgar aos membros do Goberno acusados pola Cámara Baixa.

Durante a Segunda República Española quedou suprimido o Senado, decisión adoptada na sesión do 27 de outubro de 1931 por 150 votos contra 100. Tras perder a votación, Ángel Ossorio y Gallardo acusou os deputados conservadores e agrarios, que se retiraron do Parlamento, de non apoiarlle para impedir o triunfo do unicameralismo que preconizaban os socialistas.

Composición

editar

Componse de 259 senadores, distribuídos da seguinte maneira:

O Senado é elixido por catro anos.

Funcións

editar

Entre as súas funcións está:

  • Integración territorial:
  • Lexislativa.
  • Control e impulso político.
  • Control da política exterior.

Composición

editar

Mesa do Senado

editar
Mesa do Senado
Cargo Titular Lista
Presidenta Pilar Llop PSOE
Vicepresidenta primeira Cristina Narbona PSOE
Vicepresidente segundo Pío García-Escudero PP
Secretario primeiro Francisco Manuel Fajardo Palarea PSOE
Secretario segundo Imanol Landa EAJ-PNV
Secretario terceiro Rafael Hernando PP
Secretario cuarto Cristina Ayala PP

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar