Teruel Existe
Teruel Existe (TE) é unha coordinadora cidadá fundada en novembro de 1999 co obxectivo de demandar un trato xusto e igualitario para a provincia de Teruel, en España.[1][2]
Teruel Existe | |
---|---|
Partido político de Teruel | |
Historia | |
Fundación | Novembro de 1999 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Rexionalismo Provincialismo Ruralismo |
Outros datos | |
Sede | Calle Santa Mónica, 2 44003, Teruel |
Na rede | |
Páxina oficial | |
Fundouse a partir de varias plataformas como En Defensa do Ferrocarril, Pro Helicóptero y Transporte Sanitario ou Pro Salud Mental. En 1999 Teruel aínda non tiña autovías e na única liña de ferrocarril (de vía única sen electrificar) o tren descarrilara 8 veces nun ano.[1][2]
A plataforma obtivo un deputado e dous senadores nas eleccións xerais de novembro de 2019, tras presentarse como agrupación de electores.
Historia
editarAnimados polo éxito do paro convocado en vinte provincias españolas para protestar polo esquecemento que sufría a chamada “España baleira”,[3] Teruel Existe decidiu presentarse ás eleccións xerais de novembro de 2019 como unha agrupación de electores allea aos partidos tradicionais, co fin de dar voz a reivindicacións urxentes para o mundo rural de Teruel. A plataforma logrou 6.781 avais, seis veces máis dos esixidos pola lei electoral,[4] e presentou unha candidatura ao Congreso dos Deputados por Teruel encabezada polo seu líder Tomás Guitarte, un arquitecto de 58 anos, acompañado por Manuel Gimeno e Ana Asunción Balaguer. Para o Senado presentaron a Joaquín Egea, Beatriz Martín e Alba Polo.[5][6]
Teruel Existe foi a forza máis votada na provincia de Teruel e logrou un escano no Congreso para Guitarte e outros dous no Senado para Egea e Martín.[7]
Resultados electorais
editarÁmbito nacional
editarEleccións | C/S | Cabeza de lista | Votos | % | Escanos Teruel e total | Posición | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nov 2019 | C | Tomás Guitarte | 19.761 | 26,70% 0,08% |
1 / 3 1 / 350 |
1º 19º | |
S | Joaquín Egea | 57.129 | 26,24% | 2 / 4 2 / 265 |
2º | ||
Joaquín Egea Serrano Beatriz Martín Larred Alba Polo Artal |
20.617 18.973 17.539 |
28,41% 26,15% 24,17% |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Matute Escribano, Adrián (20 de decembro de 2009). "Teruel Existe cumple diez años de existencia sin renunciar a las reivindicaciones exigidas por toda la provincia". Aragón Digital. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Jorge A. Rodríguez (20 de decembro de 1999). "Teruel existe, pero poco". El País. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ Juan Carlos Espinosa; Juan Navarro; Marcos Lema (5 de outubro de 2019). "El grito mudo de la España vacía". El País.
- ↑ Ortega, Javier (8 de outubro de 2019). "Teruel Existe inicia el camino al 10-N con un éxito rotundo: le avala el 6,34% del censo de la provincia". El Mundo.
- ↑ Moreno, María Ángeles (8 de outubro de 2019). "Teruel Existe confía en entrar en el Congreso tras lograr 6.781 avales y con Guitarte y Gimeno en los puestos de salida". Heraldo de Aragón.
- ↑ Lema, Marcos (9 de outubro de 2019). "Teruel Existe reúne los avales y se presentará el 10-N: “Estamos en una situación límite”". El País.
- ↑ Moreno, María Ángeles (11 de novembro de 2019). "La agrupación de electores de Teruel Existe hace historia al ser la primera que llega al Congreso". Heraldo de Aragón.