Constitución española de 1837
A Constitución española de 1837 mantívose en vigor desde 1837 até 1845. O seu principal legado foi recuperar as medidas máis progresistas da Constitución española de 1812 e deixar en España o sentimento de servirse dunha constitución que establecese o sistema político do Estado.
Desenvolvemento e características
editarEn 1836 o pronunciamento progresista dos Sarxentos da Garda Real na Granxa de San Ildefonso (Segovia) obrigou á rexente María Cristina a proclamar a Constitución de 1837 e a nomear un novo goberno que convocou eleccións ás Cortes Constituíntes para reformar o texto constitucional de Cádiz.
A composición das novas Cortes estaba na súa maioría integrada polos progresistas, que tiveron a posibilidade de se aproveitar da situación para elaborar unha constitución acorde cos seus ideais. Non obstante, o resultado foi un texto tan distante da Constitución de Cádiz de 1812 como do Estatuto Real de 1834, co propósito de que fose aceptada por moderados e progresistas.
Un dos feitos máis importantes que deixou esta constitución é que implantou definitivamente en España o réxime constitucional establecendo un sistema parlamentario similar ao francés ou belga da época.
Entre as súas características presentaba as ideas progresistas semellantes á Constitución de 1812 como o principio de soberanía nacional, o recoñecemento dun gran conxunto de dereitos aos cidadáns, a división de poderes, un importante papel das Cortes e a limitación do poder real.
Para atraer os moderados recolleu aspectos como a división bicameral das Cortes formadas polo Senado, cuxos membros serían designados polo rei, e o Congreso dos Deputados cuxos membros serían elixidos electoralmente. Tamén seguía concedendo amplos poderes ao monarca, como disolver e convocar as Cortes. A lei electoral que se aplicou tras a aprobación da constitución baseábase nun sufraxio censatario moi restritivo, xa que só podían votar os españois que pagasen impostos na Facenda por valor de 200 reais, o que deixaba o censo electoral no 5% da poboación española.
Estivo vixente até 1845, cando se presentou unha simple reforma que se converteu nunha nova constitución: a Constitución española de 1845.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Constitución española de 1837 |